Saltar ao contido

Marmota bobak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marmota bobak
Marmota bobak
Philipp Ludwig Statius Müller 1776 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
   M. bobak (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeRodentia
FamiliaSciuridae
TriboMarmotini
XéneroMarmota
EspecieMarmota bobak Editar o valor en Wikidata
P.L.S. Müller, 1776 Marmota bobak Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Período de xestación
   41 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0bgx59 Editar o valor en Wikidata
ITIS632379 Editar o valor en Wikidata
OTT531857 Editar o valor en Wikidata
UICN12830 Editar o valor en Wikidata
EOL312104 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A marmota bobak ou marmota das estepas é unha especie de roedor esciuromorfo da familia Sciuridae que habita nas estepas de Ucraína, Rusia e Asia Central. O seu nome procede de baibak, palabra pola que se coñece no seu lugar de orixe.

Distribución

[editar | editar a fonte]

É a única marmota presente en Europa canda a marmota alpina (Marmota marmota). Antano amplamente difundida (chegando até Siberia oriental e os límites de Manchuria), hoxe en día áchase reducida a distintas poboacións illadas en zonas protexidas, froito do intenso arrasamento do seu hábitat natural e da caza indiscriminada. Habita tanto en zonas chás como nas cordilleiras dos Urais, o Hindu Kush e o Himalaia, e a meseta do Tíbet.

Características

[editar | editar a fonte]

É unha especie de pequeno tamaño e formas máis gráciles que as das outras marmotas. O corpo mide 58 centímetros aos que se lle engaden 14,5 cm da cola. A pelaxe é curta e de cor terra, para camuflarse no medio.

Historia natural

[editar | editar a fonte]

Trátase dun animal social que vive en grupos familiares. Estes habitan nun tobo usado durante xeracións, que pode chegar a medir 100 metros de lonxitude e ter até tres entradas distintas, co fin de acceder rapidamente á seguridade do seu interior se aparece algunha ameaza nas zonas circundantes. A profundidade das galerías pode chegar aos 4 metros, conducindo a distintas cámaras de hibernación e cría que se conectan entre si baixo terra. No caso de que penetre nela algún depredador, as marmotas contan con túneles máis finos polos que escapan ao exterior rapidamente. Durante a hibernación, os animais reúnense en grupos de 12 a 15 individuos que se apelotonan para darse calor entre si. Tamén desenvolven unha importante concentración de graxa subcutánea tras atiborrarse de comida durante os tres meses de verán.

A caza humana segue sendo a principal ameaza para esta especie, que non está regulada nos países onde a marmota bobac habita.

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Coñécense dúas subespecies de Marmota bobak:[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]