Marmota alpina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marmota alpina
Marmota marmota
Marmota marmota Alpes2.jpg
Marmota marmota nos Alpes franceses
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Rodentia
Suborde: Sciuromorpha
Familia: Sciuridae
Subfamilia: Xerinae
Tribo: Marmotini
Xénero: Marmota
Especie: M. marmota
Nome binomial
Marmota marmota
(Linnaeus, 1758)
Área de distribución de Marmota marmota

Área de distribución de Marmota marmota
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

A marmota alpina (Marmota marmota) é unha especie de mamífero roedor da suborde dos esciuromorfos, familia dos esciúridos, subfamilia dos xerinos e tribo dos marmotinos, da que é a súa especie tipo.

É unha das dúas especies de marmotas que se encontran en Europa.

Está emparentada cos esquíos, cos que comparte familia, pero o seu aspecto e costumes difiren enormemente dos destes.

Aínda que esta é a especie que comunmente se coñece como marmota, existen polo menos 14 especies máis, difundidas polas zonas montañosas do hemisferio norte clasificadas dentro do xénero Marmota e que inclúen esta palabra no seu nome común.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 60 do volume 1º da 10ª edición do seu Systema Naturae,[2], baixo o nome de Mus marmota.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Marmota está tirado do fancés marmotte.[4]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén como:[3]

Subespecies[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies de Marmota marmota.[2]

  • Marmota marmota marmota (Linnaeus, 1758)
  • Marmota marmota latirostris Kratochvil, 1961

Características[editar | editar a fonte]

A marmota alpina mide entre os 50 e os 58 cm de longo, aos que hai que engadir entre os 13 e os 16 cm de cola, bastante curta en comparación con outros roedores. O peso máximo rexistrado é de 8 kg. Non é o maior roedor europeo, senón o terceiro tras o castor e o porco espiño.

A cabeza e o tronco son grosos, con patas curtas e orellas pequenas como adaptación ao frío do hábitat en que vive. A pelaxe é parda agrisada no dorso, co ventre amarelado e o extremo da cola de cor negra.

A subespecie dos montes Tatra caracterízase polo seu menor tamaño e a súa pelaxe de cor máis clara.

A súa fórmula dental é 1/1, 0/0, 2/1, 3/3 = 22.[5]

Costumes[editar | editar a fonte]

É de hábitos diúrnos e pasa a maior parte do día buscando comida ou sentada na súa característica posición. Relaciónase con facilidad con outros membros da súa especie, estean ou no emparentados entre si, até o punto de formaren colonias de centos de exemplares que teñeen seus tobos na mesma zona. Estes tobos acollen a varios individuos, e poden chegar a ter varios metros de profundidade. Así, as marmotas quedan illadas por completo do frío da superficie durante o inverno, que pasan en estado de hibernación. A temperatura corporal redúcese entón a entre 4,6 e 7,6°C, a respiración a dous ou tres veces por minuto e as pulsacións cardíacas a dez por minuto. Co fin de acumular reservas para o inverno, as marmotas devoran grandes cantidades de herbas (raíces incluídas) e desenvolven unha grosa capa de graxa subcutánea durante o outono.

Distribución[editar | editar a fonte]

O rexistro fósil demostra que as marmotas ampliaron enormemente a súa extensión durante os períodos en que as glaciacións se estendían sobre o continente, desde Inglaterra e a Meseta Central castelá até Rusia. Xa entón eran un aperitivo ocasional para os homes, aínda que a súa redución aos montes Tatras e os Alpes debe adxudicarse exclusivamente aos cambios climáticos. Porén, en tempos recentes as marmotas foron obxecto dunha caza exhaustiva debido ás supostas propiedades medicinais da súa graxa, que as levou case ao bordo da extinción. No século XIX comezáronse a tomar medidas para evitar a súa desaparición, como a prohibición da caza de marmotas nos Tatras en 1869. Durante o século XX leváronse a cabo varias repoboacións en Francia (no Macizo Central e nos Pireneos) con notábel éxito, até o punto de que as marmotas son agora unha especie en expansión nos Pireneos franceses e españois.

Hoxe en día, a súa área de distribución abarca os montes Tatras, os Alpes, o Macizo Central francés e os Pireneos, onde se encontra entre os 800 e os 3 200 msnm.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cassola, F. (2016): Marmota marmota na Lista vermella da UICN. Versión 2021-2. Consultada o 27 de novembro de 2021.
  2. 2,0 2,1 Marmota (Marmota) marmota Linnaeus, 1758 no MSW
  3. 3,0 3,1 Mus marmota Linnaeus, 1758 no GBIF.
  4. Marmota no Merriam-Webster Dictionary.
  5. Herrero, J. e García-González. "Marmota marmota (Linnaeus, 1758)" (PDF) (en castelán). Consultado o 23 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]