Mario Bertini
Bertini | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Mario Bertini | ||
Nacemento | 7 de xaneiro de 1944 | ||
Lugar de nacemento | Prato | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Prato | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1962–1963 | Prato | 3 | (0) |
1963–1964 | Empoli | 31 | (7) |
1964–1968 | Fiorentina | 97 | (13) |
1968–1977 | Inter de Milán | 210 | (31) |
1977–1978 | Rimini | 22 | (0) |
Total | 363 | (51) | |
Selección nacional | |||
1966–1972 | Italia | 25 | (2) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Mario Bertini, nado en Prato o 7 de xaneiro de 1944, é un exfutbolista italiano, que xogaba como centrocampista. Destacou principalmente na Fiorentina e no Inter de Milán e foi subcampión do mundo coa selección italiana no Mundial de 1970.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista no Prato da súa cidade natal, co que debutou na Serie C na tempada 1962/63, logrando o ascenso á Serie B. A continuación xogou unha campaña no Empoli, antes de ser traspasado á Fiorentina no verán de 1964.[1]
Co equipo violeta xogou durante catro tempadas na Serie A, e gañou a Copa de Italia en 1966, marcando o gol decisivo nos derradeiros instantes da prórroga.[2] Un mes despois o equipo gañou tamén a Copa Mitropa, derrotando na final ao Jednota Trenčín eslovaco, un ano despois de perder na final contra o Vasas húngaro.
En 1968 fichou polo Inter de Milán, que estaba vivindo un momento de renovación trala marcha do presidente Moratti, do adestrador Helenio Herrera e de varios xogadores. Converteuse no lanzador de penaltis do conxunto e durante a súa primeira campaña en Milán, foi o máximo goleador do equipo, chegando a anotar un triplete fronte ao Verona. Militou no club durante nove tempadas, ata 1977, e foi un dos protagonistas do título da Serie A que os nerazzurri gañaron na 1970/71.[1] En 1971 gravou a canción Inter spaziale, escrita por Roberto Vecchioni e Renato Pareti.
Tras deixar o Inter xogou unha última tempada co Rimini na Serie B, antes de retirarse.
Selección italiana
[editar | editar a fonte]Debutou coa selección italiana o 29 de xuño de 1966, nun partido amigable contra México, só uns días antes do comezo do Mundial de 1966. Viaxou coa expedición italiana a Inglaterra, pero sen facer parte oficialmente do cadro de xogadores para a Copa do Mundo, senón que viaxou como reserva adicional, xunto con Gigi Riva.
Xa como titular na Nazionale, disputou o seguinte Mundial, en 1970, onde o equipo italiano alcanzou a final. Foi titular en todos os partidos do torneo, e na final tivo a difícil tarefa de marcar a Pelé. O equipo brasileiro acabou gañando 4-1.
Disputou o seu último partido coa selección en 1972, pechando a súa carreira internacional con 25 partidos e 2 goles.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Prato
- Serie C (1): 1962/63.
- Fiorentina
- Copa de Italia (1): 1965/66.
- Copa Mitropa (1): 1966.
- Inter de Milán
- Serie A (1): 1970/71.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Nassetti, Filippo (31 de marzo de 2016). "Bagni: "I miei 5 mediani scudettati per 50 anni di Inter"" (en italiano). Consultado o 9 de abril de 2022.
- ↑ "Coppa Italia 1965/66". rsssf.com (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en worldfootball.net (en italiano).
- Datos do xogador en national-football-teams.com (en inglés).