Angelo Domenghini
Domenghini | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Angelo Domenghini | ||
Nacemento | 25 de agosto de 1941 | ||
Lugar de nacemento | Lallio | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | wing half | ||
Carreira xuvenil | |||
Atalanta | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1960–1964 | Atalanta | 69 | (17) |
1964–1969 | Inter de Milán | 134 | (50) |
1969–1973 | Cagliari | 99 | (18) |
1973–1974 | Roma | 30 | (4) |
1974–1976 | Hellas Verona | 28 | (3) |
1976–1977 | Foggia | 17 | (4) |
1977–1978 | Olbia | 21 | (10) |
1978–1979 | Trento | 19 | (3) |
Total | 417 | (109) | |
Selección nacional | |||
1963–1972 | Italia | 33 | (7) |
1964 | Italia sub-23 | 3 | (1) |
Adestrador | |||
1977–1978 | Olbia | ||
1980–1981 | Asti | ||
1982–1983 | Derthona | ||
1983–1984 | Torres | ||
1984–1985 | Derthona | ||
1986–1987 | Derthona | ||
1987–1988 | Sambenedettese | ||
1989–1990 | Novara Calcio | ||
1990–1991 | Derthona | ||
1991–1992 | Battipagliese | ||
Na rede | |||
http://www.domenghini.com/ | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Angelo Domenghini, nado en Lallio, Bérgamo, o 25 de agosto de 1941, é un exfutbolista e exadestrador de italiano, que xogaba como dianteiro. Destacou especialmente no Inter de Milán de Helenio Herrera, co que gañou dous títulos da Serie A, unha Copa de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Foi internacional coa selección italiana, coa que conquistou a Eurocopa de 1968 e acadou a final do Mundial de 1970.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como futbolista[editar | editar a fonte]
Formouse como futbolista na canteira da Atalanta, debutando co primeiro equipo na Serie A o 4 de xuño de 1961, nunha derrota ante o Udinese.[1][2] Militou durante os seguintes tres anos no equipo, tendo unha das súas mellores actuacións na final da Copa de Italia de 1963, cando marcou un triplete contra o Torino, cuxa portería defendía o gardameta internacional Lido Vieri, dándolle así ao club o seu primeiro e único título.[3] Foi o primeiro futbolista en marcar un triplete nunha final da Copa de Italia, e un dos únicos dous que o lograron, xunto a Giuseppe Giannini en 1993.[4]
En 1964 fichou polo Inter de Milán de Helenio Herrera, que viña de gañar a Copa de Europa. Alí xogou a miúdo de dianteiro centro, no canto do seu posto habitual na banda dereita, posición que no Inter ocupaba Jair.[5] Con 54 goles en 164 partidos contribuíu á conquista de dous títulos de liga, da Copa de Europa de 1965 e de dúas Copas Intercontinentais.[1]
En 1969 fichou polo Cagliari, como parte do acordo que levou a Roberto Boninsegna ao Inter.[5] No equipo sardo coincidiu con xogadores como Gigi Riva ou Sergio Gori e proclamouse na súa primeira tempada campión de liga, no que foi o primeiro e único título da historia do club.[6]
En 1973 fichou pola Roma, por petición do que fora o seu adestrador no Cagliari, Manlio Scopigno.[7] Co conxunto lacial xogou só unha tempada, na que marcou 4 goles en 30 partidos, quedando fóra dos plans do equipo trala chegada ao banco de Nils Liedholm.[7]
Trala súa experiencia na capital xogou no Verona, no Foggia e no Olbia, antes de pechar a súa carreira como futbolista no Trento en 1979.[1]
Selección italiana[editar | editar a fonte]
Foi 33 veces internacional coa selección italiana, coa que marcou 7 goles. Debutou o 10 de novembro de 1963 ante a Unión Soviética no Estadio Olímpico de Roma, nun partido correspondente á clasificación para a Eurocopa de 1964.[1] Os soviéticos deixaron fóra a Italia daquela Eurocopa, pero a azzurra conseguiu clasificarse para a de 1968, disputada no seu propio país.
Domenghini foi titular no partido inaugural da Eurocopa de 1968 ante a URSS, que se decidiu por lanzamento de moeda, ao rematar sen goles; e tamén na final contra Iugoslavia, onde marcou de falta o gol que igualou o partido tralo tanto inicial de Dragan Džajić, forzando un partido de desempate no que a vitoria acabou sendo para os italianos.[8] Foi elixido no once ideal do torneo.[9] Disputou tamén o Mundial de 1970, sendo titular en todos os encontros e marcando o gol da vitoria (1-0) no primeiro partido contra Suecia. Xogou a final contra o Brasil de Pelé no Estadio Azteca, perdendo por 4-1.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Trala súa retirada como futbolista foi adestrador de varios equipos, entre eles o Sambenedettese, da Serie B.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Atalanta
- Copa de Italia (1): 1962/63.
- Inter de Milán
- Serie A (2): 1964/65, 1965/66.
- Copa de Europa (1): 1964/65.
- Copa Intercontinental (2): 1964, 1965.
- Cagliari
- Serie A (1): 1969/70.
- Selección italiana
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Monti 2002.
- ↑ "Due gol di Mereghetti in Udinese-Atalanta: 2-1". La Stampa (en italiano). 5 de xuño de 1961. p. 4. Consultado o 31 de marzo de 2022.
- ↑ Bertoldi, Paolo (3 giugno 1963). "Tre goals di Domenghini". La Stampa (en italiano). p. 9. Consultado o 31 de marzo de 2022.
- ↑ "Un sogno di 56 anni fa" (en italiano). 14 de maio de 2019. Consultado o 31 de marzo de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 Bovolenta, Germano (17 de abril de 2005). "Domenghini, sempre all' ala". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 31 de marzo de 2022.
- ↑ "Quarant’anni fa lo scudetto "Orgoglio per tutta l’Isola"". la Repubblica (en italiano). 12 de abril de 2010. Consultado o 31 de marzo de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 "Domenghini compie 80 anni. La sua carriera raccontata in un'intervista" (en italiano). 25 de agosto de 2021. Consultado o 31 de marzo de 2022.
- ↑ Schianchi, Andrea (3 de xuño de 2016). "Euro '68, l'Italia vince in casa: monetina in semifinale e ripetizione della semifinale". La Gazzetta dello Sport (en italiano). Consultado o 31 de marzo de 2022.
- ↑ "EURO 1968 Team of the Tournament". UEFA (en inglés). 1 de xaneiro de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- VV. A.A. (1978). Almanacco illustrato del calcio 1979 (en italiano). Módena: Panini.
- VV. A.A. (1984). Almanacco illustrato del calcio 1985 (en italiano). Módena: Panini.
- VV. A.A. (1991). Almanacco illustrato del calcio 1992 (en italiano). Módena: Panini.
- Monti, Fabio (2002). "DOMENGHINI, Angelo". Enciclopedia dello sport (en italiano). Istituto dell'Enciclopedia Italiana.
- Pezzotti, Gianluigi; Vietti, Rita (2002). Dizionario della grande Inter (en italiano). Roma: Newton Compton Editori.
- Corbani, Elio; Serina, Pietro (2007). Cent'anni di Atalanta (en italiano) 2. Bérgamo: SESAAB. ISBN 978-88-903088-0-2.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador coa selección italiana (en italiano).
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Nados en 1941
- Nados na provincia de Bérgamo
- Futbolistas de Italia
- Dianteiros de fútbol
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Atalanta BC
- Xogadores do Inter de Milán
- Xogadores do Cagliari Calcio
- Xogadores do AS Roma
- Xogadores do Hellas Verona FC
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Xogadores da selección de fútbol de Italia
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1970
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Adestradores de fútbol de Italia
- Adestradores do Novara Calcio