Marineda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Marineda
Marineda, revista semanal ilustrada n 2, 25 de agosto de 1922.jpg
PaísEspaña
Fundación1922
editar datos en Wikidata ]

Marineda foi un semanario publicado na Coruña en 1922.

Descrición[editar | editar a fonte]

Continuadora de Luz, apareceu o 18 de agosto de 1922. Imprimíase nos talleres de El Noroeste e entre as súas seccións incluía artigos, folletín, poesía, deportes, pasatempos, fotografías e notas de sociedade.

O propietario e director era Enrique Dequidt Carreras e o xefe de redacción Manuel Barbeito Herrera. Entre os colaboradores estaban Matías Usero, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Julio Camba, Wenceslao Fernández Flórez, Manuel Viturro Somoza, Elvira Novo García e Margarita Astray.

Foi continuada por El Postín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]