Elvira Novo García
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Ferrol, España |
Morte | 21 de febreiro de 1931 Ferrol, España |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
Elvira Novo García, nada en Ferrol no século XIX e finada na mesma cidade o 21 de febreiro de 1931,[1] foi unha mestra e activista cultural galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestra nacional. En 1896 foi nomeada profesora da Escola de Artes e Oficios de Ferrol (de bordado á man)[2]. Escribiu en diversos xornais e revista de ámbito local e galego (ás veces baixo pseudónimo). Colaborou, por exemplo, coas publicacións Marineda, Revista Gallega e a Galicia de Augusto C. de Santiago.
Foi unha firme defensora da educación como piar para o progreso de Galicia:
“ | Onde brote a primeira idea de proxecto debemos levar todos o nosos grans de area sen vacilacións nin rivalidades, e deberá ser o noso lema invariable Todo por Galicia e para Galicia…[3] | ” |
Foi unha continuadora do labor de Concepción Arenal e unha das promotoras da Asociación Benéfica Concepción Arenal. Así mesmo, en 1919 participou da creación do Padroado Feminino Concepción Arenal, para o cal exerceu o cargo de secretaria[4]. Foi tamén vocal do Consejo Superior de Protección a la Infancia[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 22-2-1931, p. 8.
- ↑ Rutas turísticas. Ferrol en feminino. Mulleres na historia da cidade pp. 27-28. 2009. ISBN 978-84-9812-099-8.
- ↑ Marco, A. (1993). As Precursoras. Achegas para o estudo da escrita feminina (Galiza 1800-1936). La Voz de Galicia.
- ↑ As mulleres na historia 10ª v., 11/1/2016, p. 22. Álbum de mulleres. CCG.
- ↑ Vida Gallega, 28-2-1931, p. 48.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 3041. ISBN 978-84-8341-146-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Escritos de Elvira Novo na hemeroteca da Real Academia Galega.