Manuel Barbeito Herrera
Manuel Barbeito Herrera | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1885 |
Ferrol | |
Falecemento | 27 de decembro de 1968 |
Madrid | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Manuel Barbeito Herrera, nado en Ferrol[1] en 1885 e finado en Madrid o 27 de decembro de 1968,[2] foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Manuel Barbeíto, avogado e secretario do Xulgado de Ferrol. Comezou a súa carreira en Diario Ferrolano. Colaborou despois en El Ideal Gallego, El Noroeste, El Orzán e Marineda da Coruña ata que se trasladou a Madrid en 1922. Foi redactor de Informaciones e correspondente de La Voz de Galicia. De volta a Galicia dirixiu La Voz de Galicia entre os anos 1946 e 1948. Residente novamente en Madrid colaborou en xornais da capital.
Como escritor publicou poesía e foi premiado nos Xogos Florais de Santiago de Compostela de 1918 e nos Xogos da Coruña (1919 e 1920); tamén é autor dunha novela de tema galego titulada El retorno. En 1956 foi galardoado co Premio Rodríguez Santamaría de xornalismo.
Obras[editar | editar a fonte]
- De mi viejo solar (1911)
- Libro de Poesías (1912)
- Y el bufón reía (1917)
- El divino monstruo (Editorial Gallega, 1920; novela)
- La querida del diablo (1925)
- El retorno (Moret, 1944; novela)
- La ciudad de los poetas y de las novias del amor ausente (1958)
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Marina Gancedo Martínez en 1926.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1951). "BARBEITO HERRERA, Manuel". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 118.
- ↑ Necrolóxica en ABC, 28 de decembro de 1968, p. 106.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- García González, Aurora (2009). Historia de la empresa de La Voz de Galicia (1939-1992). Libros en Red. pp. 103–104.