Maria Tallchief

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maria Tallchief
Maria Tallchief 1961.png
Nome completoElizabeth Marie Tallchief
Nacemento24 de xaneiro de 1925
 Fairfax
Falecemento11 de abril de 2013
 Chicago
Causacaída
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterSchool of American Ballet
Ocupaciónbailarina de ballet
CónxuxeGeorge Balanchine
FillosElise Paschen
IrmánsMarjorie Tallchief
PremiosNational Medal of Arts, National Women’s Hall of Fame, Capezio Dance Award e Premio Kennedy
editar datos en Wikidata ]

Betty Marie Tall Chief, nada en Fairfax (Oklahoma) o 24 de xaneiro de 1925 e finada en Chicago o 11 de abril de 2013[1] foi unha bailarina estadounidense. Entre 1942 e 1947 estivo co Ballet Russe de Monte Carlo, pero é máis coñecida polo tempo que estivo no New York City Ballet entre 1947 e 1965.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era un osage e a súa nai unha Ulster-Scots. Sobre a súa nenez escribiu:

Fun unha boa alumna en Sacred Heart (Escola católica). Mais, de varias formas, era unha típica moza india... tímida, dócil, introvertida. Amaba estar ao aire libre e pasaba boa parte do meu tempo camiñando arredor da iarda de enfronte, onde había unha vella randeeira e un xardín. Tamén paseaba polos arredores da nosa casa de verán atrapando puntas de frechas no pasto. Atopar un facíame tremer de emoción. Moitas veces, arelaba estar no pasto, correndo preto de onde estaban os cabalos...

Gozaba da música e da danza. O seu desexo de perseguir unha carreira na arte constituíu un desafío considerable para unha rapaza amerindia nesa época. Estudou ballet con Bronislava Nijinska durante cinco anos. A filosofía de Madame Nijinska sobre a disciplina fixo sensible a Tallchief: "Cando durmas, soña como unha ballerina. Mesmo cando agardas na esquina polo bus, párate como unha ballerina". Betty Marie continuou a traballar duro e dominou as destrezas técnicas moi ben cos anos. Debutou, moi nerviosa, no Hollywood Bowl. Xa unha refinada profesional, deixou Os Ánxeles aos dezasete anos e fixo audicións en Nova York. Uniuse ao Ballet Russe de Monte Carlo e acadou rapidamente o status de solista.

O coreógrafo George Balanchine escribiu varias das súas obras máis famosas para ela; os dous casaron en 1946 e divorciáronse en 1952. Entre 1947 e 1960 foi prima ballerina do New York City Ballet, onde Balanchine era o coreógrafo principal. A súa interpretación de The Firebird de Balanchine en 1949 e a súa primeira colaboración coa Ópera Nacional de París elevou a Maria Tallchief á escena mundial. Tamén interpretou a personaxe da fada do azucre na versión de Balanchine de The Nutcracker. Converteuse na bailarina estadounidense máis importante e en 1953, o presidente Dwight Eisenhower declarouna "Woman of the Year" (Muller do ano). Cando o gobernador de Oklahoma a honrou ese mesmo ano polos seus logros internacionais e a súa orgullosa identidade nativa estadounidense, Tallchief foi nomeada Wa-Xthe-Thomba ("Muller de dous mundos").

Continuou a bailar co American Ballet Theatre ata 1965, cando se retirou. Coa súa irmá Marjorie, fundou o Chicago City Ballet en 1981, do que foi directora artística ata 1987.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Maria Tallchief". nytimes.com (en inglés). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]