Saltar ao contido

Maria Dolina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaria Dolina

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Óblast de Omsk, Rusia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 2010 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Kíiv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Baikove Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaviadora, militar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Rama militarForza Aérea de Rusia Editar o valor en Wikidata
Rango militarComandante
capitana Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoFronte Oriental da Segunda Guerra Mundial
Batalla de Stalingrado
Batalla de Kursk
Operação Bagration (pt) Traducir
East Prussian Offensive (en) Traducir
Courland Pocket (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Find a Grave: 147794326 Editar o valor en Wikidata

Maria Ivanovna Dolina (en ucraíno: Марія Іванівна Доліна; en ruso: Мария Ивановна Долина), nada en Sharovka (RSFS de Rusia) o 18 de decembro de 1922 e finada en Kíiv (Ucraína) o 3 de marzo de 2010, foi unha piloto de Pe-2 e xefa de escuadra na 125ª Mariña de mulleres «Marina Raskova» do Rexemento de Bombardeiros. Estivo activa principalmente na 1ª Fronte Báltica durante a segunda guerra mundial. O 18 de agosto de 1945 foi nomeada Heroína da Unión Soviética.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Naceu na aldea de Sharovka (actual Distrito de Poltavsky, Oblast de Omsk, Siberia). Foi a primoxénita dunha famillia campesiña de orixe ucraína.

En 1934, após o pai de Maria perder unha perna na guerra civil rusa, a familia regresou a Ucraína. Debido á situación do pai, Dolina tiña que manter a familia enteira, co que deixou a escola e comezou a traballar nunha fábrica. Malia a oposición da nai, Maria adestrou nun club de voo da agrupación paramilitar Osoaviakhim. En 1940 graduouse na Escola de Voo de Khersón, tras o cal ingresou na escola de voo militar Engels. Antes da invasión alemá do 22 de xuño de 1941, traballou como instrutora de voo en clubs de Dnipropetrovsk e Mikolaiv.[1]

Segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]

En xullo de 1941 iniciou o servizo militar.[2] Inicialmente pilotou un Polikarpov Po-2, en colaboración con unidades de infantaría.[1] Posteriormente converteuse en membro da tripulación dun Petliakov Pe-2, unha aeronave de medio alcance de dobre motor, no 587º Rexemento Aéreo de Voo Picado.[3]

Dolina admitiu que descansaba pouco. Con todo, foi nomeada xefa de escuadra da súa unidade, posteriormente rebautizado como 125º Rexemento Aéreo de Voo Picado «Marina Raskova».[4]

O 2 de xuño de 1943 a aeronave de Dolina foi alcanzada por fogo antiaéreo inimigo sobre a rexión de Kuban antes de lograr o seu obxectivo, o que inutilizou un dos motores e causou un incendio. O seu escolta desaparecera mentres perseguía cazas inimigos. Aínda así, continuou a voar e liberou a bomba segundo o previsto. No voo de regreso, xa sen escolta, foi atacada por seis aeronaves alemás (dúas Fw 190 e catro Bf 109). O seu artilleiro de cola derrubou un Fw 190 e un Bf 109. En total, Maria voou en setenta e dúas misións en que bombardeou arsenais inimigos, baluartes, carros de combate, baterías e transportes ferroviarios e acuáticos. Tamén deu apoio ás tropas terrestres soviéticas.[5]

Despois da guerra

[editar | editar a fonte]

Dolina continuou a servir na Forza Aérea Soviética como xefa de escuadra dun rexemento de bombardeiros. Viviu en Šiauliai (na actual Lituania) e despois en Riga (na actual Letonia), onde traballou no Comité Central do Partido Comunista Letón até 1975. Casou dúas veces, en ambas con ex-mecánicos da Forza Aérea Soviética. Despois de que o seu primeiro marido morrese en 1972, casou con outro do rexemento en que ela servira.[6]

No 50º aniversario do fin da segunda guerra mundial, Dolina foi ascendida a comandante polo presidente ucraíno Leonid Kuchma. Moitas escolas secundarias e destacamentos de pioneiros da URSS foron bautizados no seu honor.

Dolina residiu en Kíiv desde 1983 até o seu pasamento o 3 de marzo de 2010 con 87 anos. En 2009 participara nas celebracións do Día da Vitoria.[7]

Premios e condecoracións

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 Cottam 1998, p. 128.
  2. Simonov & Chudinova 2017, p. 51.
  3. Sakaida 2003, p. 9.
  4. Cottam 1998, p. 128-130.
  5. Cottam 1998, p. 129.
  6. Noggle 1994, p. 122.
  7. Sakaida, Henry (2002). "Female Aviation Heroines of the Great Patriotic War. GUARDS MAJOR MARIYA DOLINA". soviet-awards.com (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2023.
  8. Simonov & Chudinova 2017, p. 54.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Cottam, Kazimiera Jean (1998). Women in War and Resistance: Selected Biographies of Soviet Women Soldiers (en inglés). Focus Publishing. ISBN 9781585101603. 
  • Kazarinova, Militsa; Polyantseva, Agniia (1962). В небе фронтовом. Сборник воспоминаний советских летчиц-участниц Великой Отечественной войны [No ceo da fronte. Colección de memorias dos pilotos soviéticos que participaron na Gran Guerra Patria] (en ruso). Moscova: Molodaya gvardiya. OCLC 749039156. 
  • Noggle, Anne (1994). A Dance With Death: Soviet Airwomen in World War II (en inglés). Texas A&M University Press. ISBN 9781585441778. OCLC 474018127. 
  • Sakaida, Henry (2003). Heroines of the Soviet Union: 1941-45 (en inglés). Osprey Publishing. ISBN 9781841765983. 
  • Simonov, Andrei; Chudinova, Svetlana (2017). Женщины - Герои Советского Союза и России (en ruso). Moscova: Russian Knights Foundation and Museum of Technology Vadim Zadorozhny. ISBN 9785990960701. OCLC 1019634607.