Saltar ao contido

Maria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maria
 Título
"Maria: or, The Wrongs of Woman"
María o Los agravios de la mujer
Maria: La malbonaĵoj de virino
Das Unrecht an den Frauen oder Maria
Maria, ou le malheur d'être femme Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua
Autoría
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1798 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF317260247 Editar o valor en Wikidata
Goodreads21797387 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL849217W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02rlf5t Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Maria[1] (en inglés: Maria: or, The Wrongs of Woman) é unha novela sen rematar da escritora británica Mary Wollstonecraft, secuela do seu tratado político revolucionario Vindicación dos dereitos da muller (1792). William Godwin, o seu esposo, publicou Maria de xeito póstuma en 1798, e a obra está considerada como a máis radicalmente feminista da autora.[2]

A novela, tanto filosófica coma gótica, narra a historia dunha muller internada polo seu marido nun hospital psiquiátrico. Céntrase nos «agravios sufridos pola muller» a nivel social máis ca individual, e critica o que Wollstonecraft consideraba como a institución patriarcal do matrimonio na Gran Bretaña do século XVIII e ao sistema legal que a protexía. Con todo, a incapacidade da protagonista para renunciar ás súas fantasías románticas tamén acusa as mulleres de ser propensas a sumirse nun sentimentalismo falso e daniño. A novela foi pioneira na celebración da sexualidade feminina e na identificación entre mulleres de distintas clases. Devanditas temáticas, xunto coa publicación do escandaloso libro de Godwin titulado Memoirs of the Author of A Vindication of the Rights of Woman (Memorias da autora de Vindicación dos dereitos da muller), que tratou sobre a vida de Wollstonecraft, provocaron que a novela non fose popular na época da súa publicación.

As críticas feministas do século XX analizaron a obra e integrárona na historia da novela e do discurso feminista. A meirande parte das veces catalógalla como unha popularización en formato de ficción de Vindicación dos dereitos da muller, como unha extensión dos argumentos feministas de Wollstonecraft en Vindicación e como unha autobiografía.[3]

Foi traducida ó galego por María Fe González[4] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2013.[1]

  1. 1,0 1,1 Maria. Traducido por María Fe González (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2013. ISBN 978-84-941211-2-8 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Taylor, capítulo 9; Sapiro, 37; 149; 266.
  3. Os biógrafos tales como Wardle e Sunstein baséanse amplamente nalgunhas pasaxes de Maria para interpretar a vida de Wollstonecraft, por exemplo.
  4. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]