Xeración Z
Xeración Z é un nome empregado para facer referencia ás persoas nadas despois da Xeración do Milenio. Aínda que non existe acordo xeral sobre as datas límites desta xeración, algúns autores danlle orixe na década de 2000 e da década do 2020, concordando en que dita xeración comeza co fin da burbulla económica até o día de hoxe.[1][2] Por tanto, a xeración post-milenio componse actualmente de adolescentes e nenos.
Características xerais
[editar | editar a fonte]Xa que son persoas moito máis estruturadas que outras xeracións anteriores, poden ser adultos responsables e con alto valor social. Esta xeración adoptou a tecnoloxía a primeira instancia o que xerou unha dependencia en gran medida dela. Son máis inclinados ao mundo virtual. Se a xeración Z é moldeada adecuadamente, poden lograr moito máis que as súas xeracións anteriores utilizando os medios dixitais. Con todo, por outra banda fálase dunha escaseza de habilidades interpersoais así como tamén da non valoración á importancia dos valores da familia. Son moi individualistas no seu carácter e cren na súa propia persoa. Ademais non cren vivir de acordo ás normas sociais. A súa sociedade existe en Internet onde se abre a súa mente e expresan as súas propias opinións.
A Xeración Z tende a ser mal oínte debido a que teñen menos en conta o que outros teñen que dicir e que non se presta atención aos demais. Isto pode ir na súa contra á hora de consolidar as súas propias familias. A educación e o traballo desempeñan un papel pouco importante nas súas vidas xa que non ven a educación como un medio de supervivencia. Para eles prevalece a intelixencia e o coñecemento sobre a tecnoloxía. O feito de nacer despois do auxe dixital dos anos 1990 fai que se adapten de maneira extraordinaria a futuras tecnoloxías como ningunha outra xeración (2015).
Fenda xeracional xeración Y - xeración Z
[editar | editar a fonte]Segundo investigacións, esta xeración está menos orientada que a xeración Y, porén, teñen fortes opinións e suxestións.[Cómpre referencia] Psicólogos están a notar un drástico cambio de comportamento da xeración Y á xeración Z. Para a xeración Y, a énfase sempre foi profesional e de estudos, mentres que a xeración Z dálle menos importancia á carreira profesional e os estudos formais, sexan cales fosen. Na súa vida persoal pode haber falta de comunicación, e debido a esta falta de comunicación non poden ser moi eficaces para a educación das xeracións futuras por si mesmos. Tamén, e debido a iso, no momento en que a Xeración Z empece a traballar pode chegar a haber grande escaseza de profesionais especializados como médicos e científicos.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Horovitz, Bruce (4 de maio de 2012). "After Gen X, Millennials, what should next generation be?". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2020. Consultado o 24 de novembro de 2012.
- ↑ Jeanine Poggi (26 de febreiro de 2013). "Nickelodeon Targets 'Post-Millennials' in Upfront". Advertising Age. Consultado o 21 de abril de 2013.