Marcos Seixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcos Seixo
Marcos Seixo (AELG)-4.jpg
Nacemento1959
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónhistoriador
Na rede
AELG: 87
editar datos en Wikidata ]

Marcos Seixo Pastor, nado en Lugo en 1959, é un historiador e investigador galego da etnografía e a literatura galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor de Lingua e Literatura no Instituto Valle Inclán de Pontevedra. Como músico formou parte dos grupos Verbo Xido e Quinta Feira. Na faceta de escritor cómpre destacar como autor das primeiras biografías de Roberto Blanco Torres e Xoán Xesús González, a edición dalgunhas das súas obras, así como distintos traballos sobre a represión franquista e algúns artigos en distintos medios. É membro da Asociación Cultural O Meigallo de Cuntis, da Comisión pola Memoria Siñor Afranio e coordinador, dende 1999, da revista cultural A Taboada, na que ten publicado traballos de carácter histórico, literario e etnográfico.

Obra[editar | editar a fonte]

Investigación[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Xornalismo irmandiño, de Roberto Blanco Torres, 1999, A Nosa Terra.
  • A modelo de Paco Asorei de Xoán Xesús González, 2002, Xerais.
  • Felisa de Xoán Xesús González, 2007, Fervenza.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]