Marcelino Fernández Prada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marcelino Fernández Prada
Nacemento20 de setembro de 1895
 A Rúa
Falecemento8 de xuño de 1944
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Marcelino Fernández Prada, nado en San Xulián (A Rúa) o 20 de setembro de 1895 e finado en Lugo o 8 de xuño de 1944, foi un político socialista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Industrial e mestre de obras. Chegou á Coruña en 1928 procedente de Nova York, permanecendo varios días detido. Estableceuse en San Clodio (Ribas de Sil) e foi elixido alcalde do concello o 12 de abril de 1931 ao proclamarse a Segunda República cargo no que permaneceu ata o 22 de xullo de 1936. Socialista convencido, fundou a Agrupación Socialista Agraria filial da UGT e foi o seu primeiro presidente. Representou á Agrupación Socialista de San Clodio no Congreso Extraordinario do PSOE de 1931. Participou na folga xeral revolucionaria de 1934, polo que tivo que fuxir a Portugal, onde permaneceu ata pouco antes das eleccións de febreiro de 1936. Nestas eleccións foi candidato do PSOE por Lugo, pero non foi elixido. En abril de 1936 foi elixido compromisario do PSOE por Lugo para a elección do Presidente da República. Fixo fronte ao golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Permaneceu agochado no seu domicilio ata que foi detido pola Garda civil en 1941. Pasou polas cadeas de Ourense e Lugo, e foi condenado á pena de morte en Consello de Guerra celebrado o 31 de xullo de 1941. Foille conmutada a pena pola de trinta anos de reclusión perpetua, concedéndolle a liberdade condicional o 27 de xullo de 1943. Tamén foi xulgado por responsabilidade política en 1941, aínda que o seu expediente foi sobresido por carecer de bens. Trasladouse a Lugo, onde comezou novamente coa súa actividade industrial no sector da construción, falecendo nesta cidade o 8 de xuño de 1944.


Predecesor:
Leopoldo Rodríguez Rodríguez
 Escudo de Ribas de Sil.svg
Alcalde de Ribas de Sil
 
1931 - 1936
Sucesor:
Jesús Rodríguez Zamuz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]