Álvaro Novas Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Álvaro Novas Rodríguez
Nacemento1897
Lugar de nacementoSan Clodio
Falecemento13 de xuño de 1937
Lugar de falecementoRibas de Sil
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Álvaro Novas Rodríguez, nado en San Clodio (Ribas de Sil) cara a 1897 e finado no mesmo concello o 13 de xullo de 1937, foi un político socialista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Pumares (San Clodio). Militante do PSOE. Na República foi recadador municipal de Quiroga e depositario dos fondos municipais do Concello de Quiroga. Participou na folga xeral revolucionaria de 1934, foi procesado por movementos sediciosos,[1] e por delito contra os medios de comunicación por medio de explosivos con Marcelino Fernández Prada e Eduardo Amador Corzo.[2] Foi detido na Rúa a mediados de outubro con Miguel Álvarez Domínguez, Domingo Yáñez Losada, Modesto Álvarez Vázquez e Marcelino Fernández Prada.[3][4] Estivo expatriado en Francia con Marcelino Fernández Prada até a amnistía decretada trala vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936, sendo recibidos e homenaxeados en San Clodio de Ribas de Sil a finais de febreiro de 1936.[5]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu agochado. Foi asasinado na adega de Juana Longa de Pumares en San Clodio de Ribas de Sil o 13 de xullo de 1937. Incoáronlle causa militar ás forzas de orde público pola súa morte.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOP Lugo, 23-10-1934, p. 4.
  2. BOE, 8-12-1934
  3. El Pueblo Gallego, 16-10-1934, p. 12.
  4. El Ideal Gallego, 16-10-1934, p. 4.
  5. El Pueblo Gallego, 26-2-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]