Maraş

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 37°35′15″N 36°56′43″L / 37.58750, -36.94528

Panorámica da cidade

Maraş, ou Marash (en turco Kahramanmaraş, 'Heroica Maraş'; en latín, Germanicia Cesarea) é unha cidade de Turquía, capital da provincia de Kahramanmaraş, na rexión de Anatolia Suroriental.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade está situada nunha chaira aos pés dos montes Tauros.

A 568 msnm, o municipio ocupa unha superifie de 3,02 km². No ano 2020 contaba cunha poboación de 1 154 102 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 382,15 hab./km².

A rexión onde se encontra é coñecida pola súa produción de salep, unha fariña feita de tubérculos secos de orquídeas, e o seu típico xeado.

Historia[editar | editar a fonte]

Kahramanmaraş foifundada como unha cidade-Estado hitita contra o ano 1000 a.C. Máis tarde a cidade chamouse Germanicia Cesarea, na época dos Imperios romano e bizantino (en grego Γερμανίκεια, Germaníkeia).

Antes de 1973, Kahranmanmaraş era coñecida como Maraş ou Marash. Non obtivo o seu nome actual até o 7 de outubro de 1973, cando a Gran Asemblea Nacional de Turquía engadiu "Kahraman" ao nome. A adición de "Kahraman" ("heroica" en turco) foi en conmemoración da vitoria contra a Lexión francesa de Armenia durante a batalla de Maraş, na Guerra da Independencia Turca. Despois da guerra, Maraş tamén recibiu a Medalla turca da Independencia, dada á cidade por accións como o incidente do imán Sütçü.

En decembro de 1978, en Kahramanmarash tivo lugar un masacre de esquerdistas alevís (aleviler en turco), grupo etnorrelixioso islámico xiíta, heterodoxo e sincrético. Un grupo de ultranacionalistas, os Lobos Grises, incitaron á violencia que deixou máis de mil mortos. O incidente tivo importancia clave na decisión do goberno turco de declarar a lei marcial, e o seguiente golpe militar do 12 de setembro de 1980.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]