María Teresa Otero Sande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Teresa Otero Sande

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de novembro de 1944 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de decembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Director de teseBenito Varela Jácome Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora de ensino secundario , escritora Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4174167

María Teresa Otero Sande, nada en Lugo o 2 de novembro de 1944 e finada na Coruña o 21 de decembro de 2001, foi unha profesora e escritora galega.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na rúa Conde Pallares, filla de Teresa Otero Sande (á súa vez filla do músico Antonio Otero Lamas) e de pai descoñecido. Pasou a infancia coa nai, unha tía e unha tía avoa. Cursou os estudos secundarios no Instituto Feminino de Lugo (actual IES Nosa Señora dos Ollos Grandes) e en 1967 licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela.

No curso 1967-68 desempeñou a Cátedra vacante de Italiano na facultade compostelá de Filosofía e Letras e a de Francés no Instituto Rosalía de Castro de Santiago. Tamén en 1968, con 23 anos, aprobou en Madrid as oposicións á cátedra de Lingua e Literatura Francesa, converténdose na catedrática máis nova do estado nese momento. Rematou neste período os cursos de doutoramento.

No curso 1968-69 presentou a tese de licenciatura Contribución ao Estudo da obra literaria de Alfonso Rodríguez Castelao dirixida por Ricardo Carballo Calero. É a primeira tese en galego dun tema vinculado a Castelao e feita por unha muller.[2]

En agosto de 1973 ocupou a cátedra de Lingua Francesa [3] do Instituto da Guía de Vigo, onde exerceu o cargo de directora, sendo a primeira muller en dirixir un centro de secundaria en Galicia. No curso 1974-75 participou solidariamente nas folgas de PNN e foi expedientada administrativamente por “actividades políticas” xunto con outros cinco profesores catedráticos de Pontevedra, catro dos cales (Carmen Arnoso Clavo, Carlos Casares, Xosé Luís Méndez Ferrín e Francisco Rodríguez Sánchez) e ela mesma terminarán sendo indultados.

Colaborou, entre outras publicacións, en Grial con artigos sobre Rosalía de Castro e Castelao,[1] na Festa da Palabra Silenciada e en FABLAS. Revista de Poesía y Crítica. Número especial dedicado a las Letras Gallegas (1971).[4]

No ano 1997 regresou a Lugo destinada ao IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, volvendo á casa natal da rúa Conde Pallares. En 1998 presentou a tese Estructuras narrativas y elaboración lingüística en cuatro novelas de Alejo Carpentier,[5] dirixida por Benito Varela Jácome.

Impartiu aulas ata o curso 2001-02 que non chegou a rematar.

Faleceu no Centro Oncolóxico de Galicia, na Coruña.

Obra[editar | editar a fonte]

Libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Lugo, una radiografía (1996). Coordinadora

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]