Manuela Fraguela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Manuela Fraguela Seoane»)
Infotaula de personaManuela Fraguela
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor em Wikidata
Ferrol Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , economista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRamón López-Suevos Editar o valor em Wikidata

Manuela Fraguela Seoane, nada en Ferrol, é unha economista e política galega. Foi profesora na facultade de economía e tenente alcaldesa de Santiago de Compostela. Posteriormente foi directora de Facenda da Xunta de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de militar, estudou Económicas en Madrid. Trasladouse a Santiago de Compostela en 1970 e incorporouse como profesora non numeraria á Facultade de Económicas en 1971, na que foi profesora contratada até 1984.[1] En Compostela entrou en contacto coa UTEG e a ANPG. Opositou a secretaria da administración local conseguindo praza nun concello da provincia de Zamora, e trasladouse ao ano seguinte ao de Negreira e despois ao de Narón. Entrou como funcionaria da Xunta e dende 1988 traballou no Instituto Galego de Estatística.

Militante da UPG e da ANPG, foi cabeza de lista do BNPG pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións xerais. Nas primeiras eleccións municipais da democracia foi elixida concelleira no concello de Santiago pola mesma fronte. En maio de 1981 foi expulsada da UPG.[2] En outubro de 1981 dimitiu xunto con outros concelleiros (Xulio Rodríguez e Teresa Conde-Pumpido)[3] a raíz dun conflito interno no BNPG que acabou coa súa expulsión xunto a dun bo número de militantes e dirixentes. Logo militou no colectivo Asemblea de Nacionalistas Galegos (formado por ex militantes da UPG e a ANPG como Francisco García Montes) que participou nas reunións previas á creación do BNG, aínda que se retirou en xullo de 1982 acusando á fronte de indefinición ideolóxica.

Foi Subdirectora xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior entre 2006 e 2009. É portavoz da Plataforma de Pensionistas de Compostela.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casada con Ramón López-Suevos e é nai da xuíza Ana López-Suevos Fraguela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Concha Pino (16 de outubro de 2010). "«A miña vida en Santiago empezou como profesora en 1971 en Económicas»". La Voz de Galicia. 
  2. Perfecto Conde Muruais (12 de maio de 1981). "Expulsados varios dirigentes de Unión del Pueblo Gallego". El País. 
  3. Ánxel Vence (23 de outubro de 1981). "Dimiten tres concejales del Bloque en Santiago y Vigo". El País. 
  4. Miguel Pardo (6 de marzo de 2018). ""La lucha por las pensiones debe ser unitaria; es muy importante y el objetivo es común". elDiario.es.