Manuel de Eguilior y Llaguno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel de Eguilior y Llaguno

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1842 Editar o valor em Wikidata
Limpias, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de marzo de 1931 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Ministro
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

WikiTree: De_Eguilior_y_Llaguno-1

Manuel de Eguilior y Llaguno, nado en Limpias, Cantabria, o 3 de abril de 1842 e finado en Madrid, o 31 de marzo de 1931, foi un avogado e político español. Entre outros cargos, foi ministro de Facenda durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, e ministro de Instrución Pública e Belas Artes e, de novo, de Facenda, outra vez, no reinado de Afonso XIII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia acomodada, estudou dereito na Universidade de Madrid, onde exerceu como avogado e casou con Carmen Avial Llorens.[1] Tras entrar no Partido Liberal, comezou a súa carreira política como deputado por Laredo, Santander, en 1881, renovando a acta de deputado pola provincia nas sucesivas lexislaturas habidas até 1898.[2]

Foi Ministro de Facenda entre o 21 de xaneiro e o 5 de xullo de 1890, e repetiu cargo neste ministerior durante o reinado de Afonso XIII no goberno presidido por Sagasta entre o 15 de novembro e 6 de decembro de 1902. Posteriormente ocupou a carteira de ministro de Instrución Pública e Belas Artes, entre o 31 de outubro e o1 de decembro de 1905[3] nun goberno presidida por Eugenio Montero Ríos.

Tamén foi gobernador do Banco de España entre outubro de 1897 e marzo de 1899, e posteriormente, entre xaneiro e xullo de 1916.

No Real Decreto do 10 de outubro de 1905 (despachado o 20 de decembro) recibiu o título de conde de Albox[4] pola súa participación, en calidade de comisario real, en tarefas de reconstrución da rexión de Almería despois do diluvio que sufriu en 1891.[5]

O 15 de abril de 1898 foi nomeado senador vitalicio (actas de sesións do Senado do 22 de abril), pola raíña rexente.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Gran Cruz da Orde de Isabel II
  • Gran Cruz da Orde de Carlos III[4]
Predecesor:
Venancio González y Fernández
Ministerio de Facenda

1890 - 1890
Sucesor:
Fernando Cos-Gayón y Pons
Predecesor:
Tirso Rodrigáñez y Sagasta
Ministerio de Facenda

1902 - 1902
Sucesor:
Raimundo Fernández Villaverde
Predecesor:
Andrés Mellado Fernández
Ministro de Instrución Pública e Belas Artes

1905 - 1905
Sucesor:
Vicente Santamaría de Paredes
Predecesor:
José García Barzanallana
Gobernador do Banco de España
1897 - 1899
Sucesor:
Luis María de la Torre de la Hoz
Predecesor:
Lorenzo Domínguez Pascual
Gobernador do Banco de España
1916 - 1916
Sucesor:
Amós Salvador Rodrigáñez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sazatornil (2008), p. 610
  2. "Eguilior y Llaguno, Manuel de". congreso.es. Consultado o 11-06-2018. 
  3. "Mininstros y miembros de organismos de gobierno. Regencias, Juntas de Gobierno, etc. (1808-2000)". Centro de Ciencias Humanas y Sociales del CSIC. Arquivado dende o orixinal o 07-04-2020. Consultado o 11-06-2018. 
  4. 4,0 4,1 de Atienza (1982), p. 8
  5. "El legado del conde". eldiariomontanes.es. 27-02-2004. Arquivado dende o orixinal o 02-05-2018. Consultado o 11-06-2018. 
  6. "Diario de sesiones". senado.es. p. 26. Consultado o 11-06-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • de Atienza y Navajas (barón de Cobos de Belchite), Julio; Barredo de Valenzuela, Adolfo (1982). Títulos nobiliarios de Almería. Madrid: Hidalguía. ISBN 84-00-05074-6. 
  • Sazatornil Ruiz, Luis (2008). "El rostro del poder: retratos de indianos, burgueses y linajes montañeses (1844-1919)". En Cabañas Bravo, Miguel; López-Yarto, Amelia; Rincón García, Wifredo. Arte, poder y sociedad en la España de los siglos XV a XX. Biblioteca de Historia de Arte nº 11. Madrid: CSIC. pp. 601–614. ISBN 978-8400086374. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]