Luís Álvarez Angueira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1962 (62 anos) Pontecesures, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Pontecesures |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Manuel Luís Álvarez Angueira, nado en Pontecesures o 22 de xaneiro de 1962, é un político galego do BNG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Campión de España de remo e profesor de Filosofía no instituto de Noia. Encabezou a candidatura do BNG en Pontecesures nas eleccións municipais de 1991 e logrou 2 concelleiros. Nas municipais de 1995 volveu a lograr 2 concelleiros e apoiou a elección do candidato de Independentes por Pontecesures Victoriano Trenco Romay para arrebatarlle a alcaldía ó PPdeG, se ben non formou parte do goberno e o alcalde rematou integrándose no PPdeG ao ano seguinte.
Nas eleccións municipais de 1999 logrou de novo 2 concelleiros e foi elixido alcalde co apoio de ACP e PSdeG-PSOE, gobernando en coalición con estas formacións. Nas municipais de 2003 subeu a 4 concelleiros e foi a forza máis votada, polo que repetiu como alcalde cos mesmos apoios, pero gobernando nun principio tan só coa ACP en minoría, dado que o concelleiro socialista non quixo volver formar parte do goberno. En outubro de 2004 integrou no goberno á concelleira de Independentes por Pontecesures Maribel Castro Barreiro, polo que volveu a gobernar en maioría. Porén, en febreiro de 2006 o concelleiro da ACP Luís Ángel Sabariz foi expulsado do goberno, polo que volveu a gobernar en minoría, chegando incluso a estudarse unha moción de censura encabezada polo único concelleiro do PSdeG, se ben foi abortada por parte da dirección socialista.
Nas municipais de 2007 volveu a sela forza máis votada e subeu a 5 concelleiros, a un da maioría absoluta, se ben perdeu a alcaldía ó apoialos concelleiros do PPdeG e do PSdeG á única concelleira de IP Maribel Castro Barreiro[1]. Nas municipais de 2011 logrou de novo a vitoria ao lograr 4 concelleiros, recuperando a alcaldía tras firmar un pacto de goberno cos concelleiros do PSdeG e Terra Galega[2]. En setembro de 2014 anunciou que non volvería encabezar a candidatura do BNG[3], polo que cesou como alcalde tralas municipais de 2015.
Predecesor: Victoriano Trenco Romay |
Alcalde de Pontecesures 1999 - 2007 |
Sucesor: Maribel Castro Barreiro |
Predecesor: Maribel Castro Barreiro |
Alcalde de Pontecesures 2011 - 2015 |
Sucesor: Cecilia Tarela Barreiro |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 25. ISBN 84-8064-113-4.