Luís Álvarez Angueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís Álvarez Angueira
Nacemento22 de xaneiro de 1962
Lugar de nacementoPontecesures
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Luís Álvarez Angueira, nado en Pontecesures o 22 de xaneiro de 1962, é un político galego do BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Campión de España de remo e profesor de Filosofía no instituto de Noia, nas eleccións municipais de 1999 foi elixido alcalde de Pontecesures polo BNG co apoio de ACP e PSdeG-PSOE. Nas municipais de 2003 repetiu como alcalde cos mesmos apoios. Nas municipais de 2007, a pesar de ser o BNG a forza máis votada perdeu a alcaldía a mans dun goberno tripartito con PPdeG e PSdeG que encabezou a concelleira de IP Maribel Castro Barreiro[1]. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde de Pontecesures grazas a un pacto cos concelleiros do PSdeG e Terra Galega[2]. En setembro de 2014 anunciou que non volvería encabezar a candidatura[3].


Predecesor:
Victoriano Trenco Romay
 Escudo de Pontecesures.svg
Alcalde de Pontecesures
 
1999 - 2007
Sucesor:
Maribel Castro Barreiro
Predecesor:
Maribel Castro Barreiro
 Escudo de Pontecesures.svg
Alcalde de Pontecesures
 
2011 - 2015
Sucesor:
Cecilia Tarela Barreiro

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]