Victoriano Trenco Romay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictoriano Trenco Romay
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor em Wikidata
Pontecesures, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de setembro de 2008 Editar o valor em Wikidata (57/58 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Pontecesures
1995 – 1999
← Xosé Piñeiro AresLuís Álvarez Angueira → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata

Victoriano Trenco Romay, nado en Pontecesures en 1950 e finado en Santiago de Compostela o 24 de setembro de 2008, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estivo á fronte dunha axencia de seguros en Pontecesures. Foi xogador do Ulla Pontecesures CF e posteriormente adestrador deste e do Cordeiro CF. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a formación Independentes de Pontecesures e logrou 4 concelleiros fronte a 5 do PPdeG do ata entón alcalde Xosé Piñeiro Ares e 2 do BNG de Luís Álvarez Angueira. Desta forma resultou elixido alcalde co apoio do BNG. Gobernou en minoría ata setembro de 1996, cando estableceu un pacto de goberno co PPdeG (xa sen Piñeiro Ares) e se integrou nesta formación xunto con outros edís do seu grupo. Nas municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG logrando 5 concelleiros, a 1 da maioría absoluta, mais a unión dos outros 3 grupos (BNG, ACP e PSdeG) fixo alcalde ao nacionalista Luís Álvarez Angueira, polo que pasou á oposición e foi portavoz do seu grupo ata o final do mandato en 2003, cando se retirou da política.


Predecesor:
Xosé Piñeiro Ares
 
Alcalde de Pontecesures
 
1995 - 1999
Sucesor:
Luís Álvarez Angueira

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]