Subtitulado Órgano de las sociedades de emigrados y agricultores del municipio de A Estrada y patrocinado por la Sociedad Hijos de La Estrada, de Cuba, apareceu o 15 de setembro de 1920. Fundado polos irmáns Albino e Maximino Matalobos e Xosé Otero Abelleira. En 1930 cambiou a súa cabeceira pola de Periódico galeguista. Dirixido inicialmente por Xosé Otero Abelleira, e despois por José Fernández da Ponte (como director interino, 1932-1933), José María Sánchez Brea (1933-1935) e Manuel Durán Durán, que tivo que abandonar a redacción en 1936 polo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. A partir dese momento, a orientación ideolóxica dos seus contidos variou, facéndose cargo da dirección novamente Xosé Otero Abelleira.[1]