Manuel Fontoira Surís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Fontoira Surís
Nacemento27 de novembro de 1938
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento28 de xaneiro de 2006
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Sevilla
Ocupaciónpolítico e médico
PaiManuel Fontoira Peón
IrmánsRafael Fontoira Surís
Na rede
Dialnet: 2141434
editar datos en Wikidata ]

Manuel Fontoira Surís, nado en Pontevedra o 27 de novembro de 1938 e finado na mesma cidade o 28 de xaneiro de 2006, foi un médico e político galego, da UCD.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dunha familia de médicos, estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, e licenciouse na Universidade de Sevilla, onde se especializou en pediatría. Continuou a súa formación en Bruxelas e en Madrid, onde traballou no Hospital Infantil La Paz. Volto xa a Galicia, en 1970 foi nomeado xefe de pediatría do Hospital Provincial de Pontevedra. En 1973 foi nomeado para o mesmo posto no Hospital Montecelo, onde traballou ata o seu falecemento. Ao mesmo tempo, e en paralelo, exerceu a docencia na facultade de Medicina de Santiago.

Participou na vida política figurando como candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra nas primeiras eleccións xerais da democracia, cando foi escollido para a Cámara Alta en representación da UCD. Só foi senador na lexislatura constituínte, e non se presentou á reelección.

Abandonada a política regresou plenamente á vida médica, e doutorouse en 1982 pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a resposta evocada somatosensorial. Foi membro de honra da Asociación Española de Pediatría e da Sociedade de Pediatría de Galicia.

Obra[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O seu pai foi o pediatra Manuel Fontoira Peón, e o seu fillo é o neurofisiólogo Manuel Fontoira Lombos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]