Manuel Fontoira Peón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Fontoira Peón
Nacemento30 de xullo de 1907
 Pontevedra
Falecemento1986
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Manuel Fontoira Peón, nado en Pontevedra o 30 de xullo de 1907, e falecido na mesma cidade en 1986, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, logo marchou completar os seus estudos, doutorarse e especializarse en pediatría na Universidade Central de Madrid. Ao remate da súa formación regresou a Pontevedra onde exerceu a medicina, e onde chegaría a fundar o Sanatorio Santa María.

Xa durante o franquismo, foi deputado provincial en Pontevedra, e vicepresidente (1942-1948) e logo presidente (1948-1951) da deputación de Pontevedra e en calidade dese posto presidiu o padroado do Museo Provincial de Pontevedra. Tamén foi procurador en Cortes.

Membro fundador da Sociedade de Pediatría de Galicia e o seu presidente, foi pai do tamén pediatra e tamén político Manuel Fontoira Surís.


Predecesor:
Rafael Picó Cañeque
 Coat of Arms of the Province of Pontevedra.svg
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1948 - 1951
Sucesor:
Luis Rocafort Martínez