Manuel Eirís Cabeza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Eirís Cabeza
Nacemento10 de maio de 1930
 Sofán
Falecemento23 de outubro de 1992
 Carballo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e veterinario
editar datos en Wikidata ]

Manuel Eirís Cabeza, nado en Sofán (Carballo) o 10 de maio de 1930 e finado no mesmo concello o 23 de outubro de 1992,[1] foi un veterinario e político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Veterinaria pola Universidade de León. Foi presidente do Sindicato da Gandería durante o franquismo e xerente de GAPER e de Sociedades Agrarias de Transformación. Foi deputado no Parlamento de Galicia na I lexislatura (1981-1985). Foi elixido deputado do Congreso pola provincia da Coruña na III e IV lexislaturas (1986-1992). Foi substituído no Congreso por Belén do Campo Piñeiro en 1992.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Florinda Puñal Carballo e foi pai de Aurora, Jesús, Ana e Luis Eirís Puñal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-10-1992, p. 66.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]