Belén do Campo Piñeiro
Belén do Campo Piñeiro | |
---|---|
Nome completo | Belén do Campo Piñeiro |
Nacemento | 29 de decembro de 1963 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Belén María do Campo Piñeiro, nada na Coruña o 29 de decembro de 1963, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Diplomada en EXB. Foi presidente de Novas Xeracións do PP da Coruña. Foi elixida deputada do Congreso pola provincia da Coruña na IV e V lexislaturas (1989-1996). Foi elixida senadora pola Coruña na VI, VII e VIII lexislaturas (1996-2008). Volveu ser deputada na IX lexislatura (2008-2011). Dimitiu en xuño de 2011 ao ser nomeada Delegada Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, sendo substituída por María Asunción Torres Parada. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.
Dende o 13 de decembro de 2012 pasou a ser Delegada Territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, deixando o seu posto no Parlamento galego.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña
- Senadores pola Coruña
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Nados na Coruña
- Nados en 1963
- Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)