Xulián Magariños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manoel Magariños Negreira")
Xulián Magariños
Xulián Magariños Negreira.jpg
Nacemento 16 de setembro de 1904
Lugar Negreira, Galicia Galicia
Falecemento 9 de xullo de 1934 (29 anos)
Lugar Negreira, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Estudos Dereito
Xulián Magariños Negreira, sinatura.jpg
editar datos en Wikidata ]

Xulián Manuel Cipriano Magariños Negreira, nado en Negreira o 16 de setembro de 1904 e finado o 9 de xullo de 1934, foi un escritor e avogado galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1923 e 1928 estudou Dereito en Santiago de Compostela. Foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos durante a súa etapa universitaria, xunto a Bouza Brey, Filgueira Valverde e outros estudantes da época. En setembro de 1928 marchou a Madrid para preparar as oposicións a rexistrador da propiedade. En 1930 volveu a Negreira e establécese cun bufete de avogado. Escribiu na prensa (A Nosa Terra, Céltiga, El Compostelano, El País Gallego, La Voz de Barcala, Nós), colaborou (con Cordal Carús, Filgueira Valverde e Lois Tobío Fernández) nun Vocabulario popular Galego-Castelán (Santiago, 1928) e publicou dúas noveliñas curtas na histórica colección Lar. Enfermo do corazón, faleceu na súa vila natal en 1934 ós 29 anos.

Obras[editar | editar a fonte]

Placa polo centenario.
  • O Kalivera 30 H. P. (Lar, 1926).
  • O filósofo de Tamarica (Lar, 1926).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]