El País Gallego (1927)
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El País Gallego.
El País Gallego foi un periódico galego editado en Santiago de Compostela entre 1927 e 1931.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aparece en 1927, como portavoz dun pequeno grupo de socialistas galegos, dirixido por Xoán Xesús González, que en 1932 foi o máximo responsábel da Unión Socialista Galega. De periodicidade irregular, foi defensor da liña e táctica do PSOE, pero con máis vinculación con Galicia que o resto da prensa socialista galega. Tivo unha segunda época que comezou o 1 de novembro de 1930 e unha terceira época a partir de maio de 1931.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.