La Voz de Barcala
La Voz de Barcala foi un periódico editado en Negreira entre 1933 e 1935.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Órgano mensual de la Federación Agro-Pecuaria del Distrito de Negreira, apareceu o 1 de agosto de 1933. Saía das imprentas compostelás La Comercial e, dende o número 3, de Nós. Estaba dirixido por Manuel Riveiro Barreiro e entre os seus colaboradores figuraron Avelino Pousa Antelo, Xulián Magariños, Roberto Blanco Torres, Joaquín Poza Juncal, Cruz Gallástegui e Pedro Urquijo Landaluce. Mostrou inquietudes teóricas e políticas de liña galeguista e progresista (defendeu a autonomía) e unha inclinación ao terreo técnico-pecuario (reivindicando as sociedades agrarias e os sindicatos agrícolas). O último número (número 22) publicouse o 1 de maio de 1935.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Duen de Bux, ed. Prensa agraria en Galicia. Ourense. pp. 244–245. ISBN 84-932078-3-7.
- Liñares Giraut, X. Amancio; Lista Liñares, Omayra (2007). TresCtres, ed. Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira, A Baña e Brión no século XX. Ames. ISBN 978-84-935562-7-3.