Makinaria
Makinaria | |
---|---|
Título orixinal | Makinaria |
Autor/a | Carlos Negro |
Cuberta | Antonio Seijas |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | maio de 2009 |
Formato | 13 x 21 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 80 |
ISBN | ISBN 978-84-9782-553-5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Makinaria é un poemario de Carlos Negro, publicado por Edicións Xerais en maio de 2009.
Temática
[editar | editar a fonte]O poemario fala dun adolescente que ten por únicas motivacións o seu coche (o tuning e os rallys), a música Techno, divertirse cos amigos (tomando alcohol e cocaína) e ligar. Presenta un mundo sen atractivos e de oposición á familia, que remata traxicamente cun accidente.
Estrutura
[editar | editar a fonte]O poemario está dividido en varias partes:
- O poema "roedores do caucho" aparece a modo de presentación.
- A parte chamada Need for speed inclúe os poemas "Need for speed", "No fear", "Red zone" e "Fast and Furious".
- Sound play session inclúe "Sound play session vol. 1" e "Sound play session vol. 2".
- Radical fire inclúe "Radical fire", "Fast food", "Power Racing Love", "Born to Run" "Thunder Road" e "No Way".
- 061 inclúe "061", "Autopsia", "Mamá Carme", "Nota Necrolóxica" e "Chatarra".
- Game over inclúe "Game Over", "Alén City", "Nevermore" e "This is the End".
Inclúe un glosario de termos relacionados co tuning e un epílogo de Rosa Aneiros. Está adicado á mocidade do concello de Dodro, onde o autor dá clases
Estilo
[editar | editar a fonte]Os poemas teñen unha métrica libre, moitos deles sen división en estrofas. É frecuente o uso de vocabulario da xerga xuvenil relacionado cos aspectos de que trata o libro.
Algúns títulos dos poemas están tomados de cancións ("Born to Run" de Bruce Springsteen e "This is the End" de The Doors), películas (Fast and Furious) e videoxogos (Need for Speed).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do libro na páxina da editorial
- Guía de lectura de Rosa Aneiros.
- Entrevista a Carlos Negro arredor do seu libro Makinaria, polo alumnado do IES Porto do Son.