James Sowerby

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJames Sowerby

Retrato de James Sowerby en 1816.
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1757
Lambeth (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de outubro de 1822
(65 anos)
Londres
Datos persoais
ResidenciaGran Bretaña
País de nacionalidadebritánica
EducaciónAcademia Real Inglesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoIlustrador, Naturalista, Editor
Lugar de traballo Gran Bretaña (1771–1822) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , naturalista , pintor , botánico , ilustrador botánico , zoólogo , malacólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaSowerby Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Familia
FamiliaSowerby family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAnne Brettingham De Carle
FillosJames DeCarle
George Brettingham
Charles Edward


James Sowerby, nado en Londres o 21 de marzo de 1757 e finado na mesma cidade o 25 de outubro de 1822, foi un dos máis grandes ilustradores e gravadores ingleses. Así mesmo foi un destacado naturalista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de John e Arabella Sowerby, dunha antiga familia de Yorkshire, naceu en Londres e estudou arte na Royal Academy desta cidade. Traballou con William Curtis (1746-1799) sobre a Flora londinensis, que Sowerby ilustrou. Realizou tamén ilustracións para Charles Louis L'Héritier de Brutelle (1746-1800), e para o Botanical Magazine.

Casou en 1786 con Anne Brettingham De Carle, unión que daría tres fillos, todos eles naturalistas.

En 1790 Sowerby comezou varios proxectos de colosais dimensións. O primeiro foi a English Botany, A Catalogue of Indigenous British Plants, obra sobre botánica da Gran Bretaña na que se encarga da ilustración, gravado e edición. Esta ambiciosa obra foi publicada ao longo de 24 anos. Contén 2 592 láminas gravadas en pranchas de cobre e coloreadas a man. O texto foi asinado por James Edward Smith (1759-1828), pero coñécese polo nome de Sowerby's Botany. Posteriormente editouse completa en 36 volumes. Ao contrario doutros ilustradores botánicos da súa época, que tendían a compracer con patróns de fantasía, esta obra foi elaboraba directamente por científicos.[1]

En 1797 iniciou unha nova obra dedicada aos fungos, Coloured Figures of English Fungi or Mushrooms, que contén 440 gravados.

Entre 1802 e 1820 estivo ocupado na publicación doutra grande obra, British Mineralogy, publicada en cinco volumes aos que posteriormente se engadiría un suplemento de dous volumes.

Os gravados contidos tanto en English Botany como en British Mineralogy son auténticas obras de arte, que, ademais, resaltan pola súa minuciosidade e gran valor botánico, e que serviron de base para multitude de estudos científicos.

Imaxe dun gravado de James Sowerby.

A familia dos Sowerby[editar | editar a fonte]

James Sowerby foi o pai dunha ampla familia dedicada á ilustración e ao gravado, e cunha profunda vocación naturalista. Os seus tres fillos James DeCarle Sowerby (1787-1871), George Brettingham Sowerby (1788-1854) e Charles Edward Sowerby (1795-1842), continuaron coa obra do seu pai publicando obras como "Mineral Conchology of Great Britain, Genera of Recent and Fossils Shells". Así mesmo, varios dos seus netos, e incluso bisnetos, seguiron a tradición familiar ampliando as publicacións existentes e mesmo editando outras novas.[2]

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

Algunhas obras[editar | editar a fonte]

  • 1804-1817: British mineralogy; or, Coloured figures intended to elucidate the mineralogy of Great Britain (R. Taylor and co., Londres) - Exemplar dixitalizado accesíbel en Internet Arquivo: volume 1 e volume 2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Walsh, Huber M. (2003): James Sowerby Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Missouri Botanical Garden.
  2. Stevens, Keith (1998). Naturalist, Author, Artist, Explorer and Editor. Hong Kong Branch Royal Asiatic Society. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Blunt, Wilfrid & William T. Stearn (1994): The art of botanical illustration. Londres: Antique Collectors Club, Limited.
  • Eyles, Joan M. (1970-1980): "Sowerby". En Charles Coulston, Ed. Dictionary of scientific biography, Volume XII. Nova York: Charles Scribner's Sons.
  • Saunders, Gill (1995): Picturing Plants: An analytical history of botanical illustration. Berkeley e Os Ánxeles: University of California Press, in association with The Victoria and Albert Museum, Londres.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]