Saltar ao contido

Macela dourada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macela dourada
 Nome taxon
    Chamaemelum nobile
Carlo Allioli 1785 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    C. nobile (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Basónimo
Características
 Rusticidade da planta
4 Editar o valor en Wikidata
 Fonte de
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeAsterales
 FamiliaAsteraceae
 TriboAnthemideae
 XéneroChamaemelum
 EspecieChamaemelum nobile Editar o valor en Wikidata
All., 1785 Chamaemelum nobile Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/05cmcg Editar o valor en Wikidata
ITIS501396 Editar o valor en Wikidata
OTT472684 Editar o valor en Wikidata
UICN202952 Editar o valor en Wikidata
CoLTKFW Editar o valor en Wikidata
EOL488414 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000014359 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

A macela dourada ou camomila romana[1], Chamaemelum nobile, sin. Anthemis nobilis) é unha herba perenne da familia das asteráceas, nativa de Europa.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A macela dourada é unha herba perenne, de talo procumbente de até 26 cm de longo, glabro ou suavemente pubescente. Forma matas mestas. Presenta follas sésiles, alternas, bi- ou tripinnatilobuladas, finamente divididas, cos folíolos lineares. En posición terminal presenta no verán unha inflorescencia en forma de capítulo paniculado. Os floros radiais son uns 20, coa lígula branca, mentres que os do disco son numerosos, hermafroditas, coa corola amarela, as puntas das anteras ovadas e o extremo do estilo trunco. A testa floral non supera 1 cm de diámetro. Os froitos son aquenios cilíndricos, de máis ou menos 1 mm de diámetro, algo maiores os radiais. A polinización realízana himenópteros, mais a planta é quen de se autopolinizar.

Flores secas de la Chamaemelum nobile.

O talo tenro e as sumidades floridas úsanse secos ou frescos en infusión, recendente e lixeiramente amarga. Confúndese moitas veces coa macela común Matricaria recutita os efectos terapéuticos asociados á macela son de carácter dixestivo, carminativo, sedante, tónico, vasodilatador e antiespasmódico. O aceite esencial emprégase en aromaterapia, e a infusión das flores aplícase ao cabelo para o delourar.

Non se recomenda o uso da macela dourada durante a gravidez xa que pode causa contraccións uterina e aborto.[2]

Macela galega no Xardín Botánico da Universidade Karlovy en Praga, República Checa.

A macela dourada é unha planta moi común en xardinaxe.

Composición

[editar | editar a fonte]

O aceite esencial é rico en camazuleno, ácido tíglico e varios sesquiterpenos; contén ademais ácido antémico, atesterol, antemena e taninos. Pode provocar dermatite de contacto en persoas sensíbeis, e se teñen informado casos de anafilaxe entre alérxicos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Chamaemelum nobile foi descrita por (Carl von Linné) All. e publicado en Flora Pedemontana 1: 185. 1785.[3]

Sinonimia

En galego recibe os nomes de macela dourada, macela galega, margacela e camomila romana[1].

  1. 1 2 Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 e Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004
  2. "Roman chamomile". Medline Plus Supplements. National Institutes of Health. 2012. Consultado o 14 de decembro de 2012.
  3. "Macela dourada". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de febreiro de 2013.
  4. Macela dourada en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bryan, J.; Castle, C. (1976). Edible Ornamental Garden. Pitman. ISBN 0-273-00098-5. 
  • Craker, L. E.; Simon, J. E. (1986). Herbs, Spices, and Medicinal Plants. Recent Advances in Botany, Horticulture, and Pharmacology. Food Products Press. ISBN 1-56022-043-0. 
  • MedLinePlus. "Manzanilla romana" (en castelá). Consultado o 23 de marzo de 2012.