Compañía de los ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante
| Compañía de los ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||
|
Forma xurídica
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Fundador/a
| |||||
| Actividade | |||||
|
Industria
| |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Fundación
| |||||
|
Disolución
| |||||
|
Substitúe a
Compañía de los ferrocarriles de Tarragona a Barcelona y Francia (en)
Compañía de los Ferrocarriles de Sevilla a Huelva (en) Compañía del Ferrocarril de Mérida a Sevilla (en) Compañía del Ferrocarril de Córdoba a Sevilla (en) Compañía de los Caminos de Hierro de Ciudad Real a Badajoz (en) Compañía del Ferrocarril del Duero (en) | |||||
|
Substituído por
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata C:Commons |
A Compañía de los ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y Alicante (MZA) foi unha empresa ferroviaria española constituída en 1856 e que se converteu nunha das grandes empresas do sector ferroviario xunto coa súa grande antagonista, a Compañía de los Caminos de Hierro del Norte de España. Este antagonismo viña das grandes familias financeiras que rivalizaban na época, a familia Rothschild por MZA e os irmáns Pereire pola do Norte.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundada en 1856, a compañía, partindo das súas primeiras concesións ferroviarias, estendeuse rapidamente até facerse con algunhas das liñas principais de Extremadura, Castela a Nova, Andalucía e o Levante peninsular, controlando un importante mercado.
A MZA foi tamén a que construíu as estacións de Atocha en Madrid, a de El Carmen en Murcia, a de Campo Sepulcro (posteriormente de Zaragoza–El Portillo) en Zaragoza e a da Plaza de Armas en Sevilla, tamén coñecida como estación de Córdoba, e actualmente reconvertida en centro comercial.
Coa chegada do século XX, MZA encontrouse no momento de maior esplendor da súa historia operativa, aínda que non por moito tempo debido a unha crise da compañía. A guerra civil española supuxo o "canto do cisne" para a MZA, que quedaría condenada cando en 1941 a ditadura de Francisco Franco decretou a nacionalización de todos os ferrocarrís de vía ancha. Con iso MZA deixou de existir, integrándose na RENFE.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anes Álvarez de Castrillón, Rafael (1978). Ferrocarriles en España 1844-1943, Tomo 2: Economía y los ferrocarriles. Madrid: Servicio de Publicaciones del Banco de España.
- Artola, Miguel (1978). Ferrocarriles en España 1844-1943, Tomo 1: El estado y los ferrocarriles. Madrid: Servicio de Publicaciones del Banco de España.
- Fernández Sanz, Fernando; Reder, Gustavo (1995). Historia de la tracción vapor en España, Tomo 1, Locomotoras de M.Z.A. Autoedición. Madrid. ISBN 84-920492-0-0.
- García de Cortázar, Fernando (2005). Atlas Historia de España. Barelona: Círculo de Lectores. p. 555. ISBN 84-672-1436-8.
- Lentisco, David (2005). Cuando el hierro se hace camino, Historia del Ferrocarril en España. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-7738-5.
- Wais San Martín, Francisco (1974). Historia de los Ferrocarriles Españoles. Madrid: Editorial Española. ISBN 84-2761-161-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Compañía del Ferrocarril de Madrid a Zaragoza y Alicante en ferropedia.es