Fundada en 1856, a compañía, partindo das súas primeiras concesións ferroviarias, estendeuse rapidamente até facerse con algunhas das liñas principais de Extremadura, Castela a Nova, Andalucía e o Levante peninsular, controlando un importante mercado.
A MZA foi tamén a que construíu as estacións de Atocha en Madrid, a de El Carmen en Murcia, a de Campo Sepulcro (posteriormente de Zaragoza–El Portillo) en Zaragoza e a da Plaza de Armas en Sevilla, tamén coñecida como estación de Córdoba, e actualmente reconvertida en centro comercial.
Coa chegada do século XX, MZA encontrouse no momento de maior esplendor da súa historia operativa, aínda que non por moito tempo debido a unha crise da compañía. A guerra civil española supuxo o "canto do cisne" para a MZA, que quedaría condenada cando en 1941 a ditadura de Francisco Franco decretou a nacionalización de todos os ferrocarrís de vía ancha. Con iso MZA deixou de existir, integrándose na RENFE.
Anes Álvarez de Castrillón, Rafael (1978). Ferrocarriles en España 1844-1943, Tomo 2: Economía y los ferrocarriles. Madrid: Servicio de Publicaciones del Banco de España.
Artola, Miguel (1978). Ferrocarriles en España 1844-1943, Tomo 1: El estado y los ferrocarriles. Madrid: Servicio de Publicaciones del Banco de España.
Fernández Sanz, Fernando; Reder, Gustavo (1995). Historia de la tracción vapor en España, Tomo 1, Locomotoras de M.Z.A. Autoedición. Madrid. ISBN84-920492-0-0.