Tríceps braquial
Aparencia
(Redirección desde «Músculo tríceps braquial»)
| Tríceps braquial | |||
|---|---|---|---|
| m. triceps brachii | |||
|
Instancia de
| |||
|
Subclase de
| |||
|
Parte de
| |||
|
Irrigado por
| |||
|
Drenado por
| |||
|
Músculo antagonista
| |||
|
Acción muscular
| |||
|
Inserción do músculo
| |||
|
Composto por
| |||
| Identificadores | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Descrito pola fonte
| |||
| Wikidata C:Commons | |||
O tríceps braquial é un músculo do membro superior, encargado da extensión do antebrazo. O tríceps humano ten as seguintes características:
Insercións
[editar | editar a fonte]O músculo tríceps consta de tres porcións.
- Superiores:
- Tubérculo infraglenoide da escápula para a porción longa.
- Cara posterior diafisaria do úmero para as porcións externa e interna.
- Inferiores: Superficie posterior da apófise olecraniana do cúbito.
Relacións
[editar | editar a fonte]Forma parte do plano muscular posterior do brazo e chega ao antebrazo. Na parte posterior e inferior do úmero únense as tres porcións. Entre as dúas porcións laterais áchase a canle radial posterior ou canle de torsión do úmero, pola cal discorren nervio radial posterior, arteria umeral fonda e dúas veas satélites.
Vascularización e innervación
[editar | editar a fonte]- Vascularización: Arteria umeral fonda
- Innervación: Póla do nervio radial común
Función
[editar | editar a fonte]É un músculo extensor do antebrazo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.