Músculo extensor radial longo do carpo
Aparencia
(Redirección desde «Músculo primeiro radial externo»)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/53/Extensor_carpi_radialis_longus.png/150px-Extensor_carpi_radialis_longus.png)
O músculo extensor radial longo do carpo ou primeiro radial externo é un músculo do membro superior humano situado no compartimento posterior do antebrazo. Vai dende o úmero ata o segundo metacarpiano.
Orixe e insercións
[editar | editar a fonte]A súa orixe áchase na zona distal da crista supracondílea e no epicóndilo lateral do úmero. O seu tendón insírese na base do segundo metacarpiano.
Función
[editar | editar a fonte]Estende e abduce o pulso.
Innervación
[editar | editar a fonte]Nervio radial, antes de que este se divida nunha póla superficial e noutra fonda.
Vascularización
[editar | editar a fonte]É vascularizado pola arteria radial.