Mónica Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mónica López Alonso»)
Infotaula de personaMónica Alonso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(gl) Mónica López Alonso Editar o valor em Wikidata
8 de outubro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
A Fonsagrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo
Real Academia de España en Roma (pt) Traducir
Universidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Mónica López Alonso, máis coñecida como Mónica Alonso, nada na Fonsagrada o 8 de outubro de 1970, é unha artista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mónica Alonso licenciouse en Belas Artes na Universidade de Salamanca en 1994. Posteriormente, doutorouse en Belas Artes na Universidade de Vigo coa tese El espacio doméstico en la escultura contemporánea 1985-1995, dirixida por Mónica Ortúzar González[1][2]

Recibiu diferentes bolsas artísticas entre as que destacan, a Beca de Creación Artística Unión Fenosa, que lle permitiu viaxar a Nova York para investigar no estudo de artista Vito Acconci.[3] Tamén realizou diferentes residencias de artistas entre as que destacan: Residencia Capacete (Río de Xaneiro) e The Townhouse Gallery (O Cairo).[3]

En 1997 realizou unha exposición individual na Sala Montcada da Fundación La Caixa. En 2002 expuxo de xeito individual no CGAC de Santiago de Compostela.[4] En 2011 o Museo Provincial de Lugo realizou unha retrospectiva da súa obra, “Mónica Alonso. Obras (1994-2011)”.[5]

Ao longo da súa traxectoria, Mónica Alonso ten experimentado coas propiedades terapéuticas da cor, como no proxecto Terapia Habitación de Hospital no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.[6][7] Tamén investigou sobre as percepcións cromáticas das mulleres de Lugo[8] ou sobre a percepción cromática do alumnado do campus de Ourense, o que deu lugar a mostra Todxs somos únicxs.[9]

A súa obra está presente no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo Provincial de Lugo e coleccións particulares como o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa ou a Colección Abanca.[10]

En 2022 foi Premio da Crítica de Galicia.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El espacio doméstico en la escultura contemporánea 1985-1995". Dialnet. 
  2. "Mónica Alonso – Colección de Arte ABANCA" (en castelán). Consultado o 2020-12-27. 
  3. 3,0 3,1 "Mónica Alonso: de la emoción analítica al color". Mujeres Mirando Mujeres (en castelán). 2018-05-03. Consultado o 2020-12-27. 
  4. "Mónica Alonso. galeria SCQ.". www.scq.es. Consultado o 2020-12-27. 
  5. "EXPOSICIÓN: MONICA ALONSO Obras (1993-2011) / Rede Museística provincial de LUGO". redemuseisticalugo.org (en castelán). Consultado o 2024-02-11. [Ligazón morta]
  6. "La artista Mónica Alonso lleva "espacios terapéuticos" a los niños del Complejo H. Universitario de Santiago en Galicia". www.infosalus.com. Europa Press. 2011-03-30. Consultado o 2020-12-27. 
  7. "PROYECTO TERAPIA HABITACIÓN DE HOSPITAL - CGAC". cgac.xunta.gal. Consultado o 11 de febreiro de 2024. 
  8. "Mónica Alonso: Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo / Rede Museística provincial de LUGO". redemuseisticalugo.org (en castelán). Consultado o 2024-02-11. [Ligazón morta]
  9. "Todxs somos únicxs". www.uvigo.gal (en castelán). Consultado o 2020-12-27. 
  10. "Mónica Alonso". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2020-12-27. 
  11. Diario, Nós (2022-11-19). "Manuel Rivas, Ugía Pedreira, Chévere ou a Cova Eirós entre os galardóns da crítica da Galiza". Nós Diario. Consultado o 2022-11-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]