Mónica Alonso
Mónica Alonso | |
---|---|
Nome completo | Mónica López Alonso |
Nacemento | 8 de outubro de 1970 |
A Fonsagrada | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Vigo |
Ocupación | escultora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Mónica López Alonso, máis coñecida como Mónica Alonso, nada na Fonsagrada o 8 de outubro de 1970, é unha artista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Mónica Alonso licenciouse en Belas Artes na Universidade de Salamanca en 1994. Posteriormente, doutorouse en Belas Artes, na Universidade de Vigo, coa tese titulada O espacio doméstico na escultura contemporánea, 1985-1995.[1]
Recibiu diferentes bolsas artísticas entre as que destacan, a Beca de Creación Artística Unión Fenosa, que lle permitiu viaxar a Nova York para investigar no estudo de artista Vito Acconci.[2] Tamén realizou diferentes residencias de artistas entre as que destacan: Residencia Capacete (Río de Xaneiro) e The Townhouse Gallery (O Cairo).[2]
En 1997 realizou unha exposición individual na Sala Montcada da Fundación La Caixa. En 2002 expuxo de xeito individual no CGAC de Santiago de Compostela.[3] En 2011 o Museo Provincial de Lugo realizou unha retrospectiva da súa obra, “Mónica Alonso. Obras (1994-2011)”.[4]
Ao longo da súa traxectoria, Mónica Alonso ten experimentado coas propiedades terapéuticas da cor, como no proxecto Terapia Habitación de Hospital no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.[5][6] Tamén investigou sobre as percepcións cromáticas das mulleres de Lugo[7] ou sobre a percepción cromática do alumnado do campus de Ourense, o que deu lugar a mostra Todxs somos únicxs.[8]
A súa obra está presente no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Museo Provincial de Lugo e coleccións particulares como o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa ou a Colección Abanca.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Mónica Alonso – Colección de Arte ABANCA" (en castelán). Consultado o 2020-12-27.
- ↑ 2,0 2,1 "Mónica Alonso: de la emoción analítica al color". Mujeres Mirando Mujeres (en castelán). 2018-05-03. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ "Mónica Alonso. galeria SCQ.". www.scq.es. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ "EXPOSICIÓN: MONICA ALONSO Obras (1993-2011) / Rede Museística provincial de LUGO". redemuseisticalugo.org (en castelán). Consultado o 2020-12-27.[Ligazón morta]
- ↑ "La artista Mónica Alonso lleva "espacios terapéuticos" a los niños del Complejo H. Universitario de Santiago en Galicia". www.infosalus.com. Europa Press. 2011-03-30. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ "PROYECTO TERAPIA HABITACIÓN DE HOSPITAL - CGAC". cgac.xunta.gal. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ "Mónica Alonso: Percepción cromática en mulleres de diferentes culturas, aplicación a grupos culturais e sociais de Lugo / Rede Museística provincial de LUGO". redemuseisticalugo.org (en castelán). Consultado o 2020-12-27.[Ligazón morta]
- ↑ "Todxs somos únicxs". www.uvigo.gal (en castelán). Consultado o 2020-12-27.
- ↑ "Mónica Alonso". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2020-12-27.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 323. ISBN 84-8064-113-4.
- López Bernárdez, Carlos (2005). Breve historia da arte galega - Breve historia del arte gallego. Nigra Trea. p. 139. ISBN 84-95364-33-6.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Mónica Alonso na Colección Abanca
- Compilación de bibliografía en pintoresgallegos.com
- Teoría Psicoespacio