Mónica Carrera Mouriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMónica Carrera Mouriño
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Ponteareas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigadora , científica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConsello Superior de Investigacións Científicas (2018–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 4208999

Mónica Carrera Mouriño, nada en Ponteareas en 1977, é unha científica galega. A súa especialidade é a proteómica avanzada e a bioloxía de sistemas, no contexto da seguridade alimentaria e a alerxia aos alimentos de orixe mariña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Bioloxía pola Universidade de Vigo (1996-2000). Realizou a súa tese de doutoramento sobre proteómica e autentificación de alimentos de orixe mariña no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC) no ano 2008.[1] Realizou a súa primeira estancia de post-doutoramento no Institute of Molecular Systems Biology de Zúric[2] durante os anos 2008 ao 2013. No ano 2013 obtivo un contrato Marie Curie que desenvolveu no IIM-CSIC entre 2013 e 2015. No 2015 foi convidada pola empresa Thermo Fisher Scientific para traballar en California. Posteriormente, no 2018 obtivo un contrato como Investigadora Ramón y Cajal no IIM-CSIC de Vigo. Desde agosto de 2020 é Científica Titular do IIM-CSIC onde está traballando na actualidade.

Carrera é experta en Proteómica Top-down e bottom-up para o control da calidade e seguridade dos alimentos. A súa actividade e experiencia científica viuse reflectida coa participación e liderado de numerosos proxectos nacionais e internacionais, colabora activamente impartindo clases oficiais en diferentes programas de mestrado e doutoramento, participa en diferentes actividades de divulgación da ciencia e é conselleira de diferentes sociedades internacionais de Proteómica e Alimentos. É autora de máis de 50 publicacións científicas.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Teseo". www.educacion.gob.es. Consultado o 7 de xuño de 2021. 
  2. "Institute of Molecular Systems Biology". imsb.ethz.ch (en inglés). Consultado o 14 de abril de 2021. 
  3. "Monica carrera - Search Results - PubMed". PubMed (en inglés). Consultado o 19 de abril de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "SEPROT" (en inglés). 5 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 14 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]