Lusotropicalismo
Lusotropicalismo é un termo utilizado por primeira vez polo sociólogo brasileiro Gilberto Freyre[2] para describir o suposto carácter distintivo do imperialismo portugués no exterior,[2] propoñendo que os portugueses eran mellores colonizadores que outras nacións europeas.
Freyre teorizou que debido ao clima máis cálido de Portugal e ao estar habitado por celtas, romanos, suevos, godos, mouros e outros pobos na época premoderna, os portugueses eran máis humanos, amigábeis e adaptábeis a outros climas e culturas. El viu as culturas de base portuguesa como culturas de expansión ecuménica. Freyre era favorábel ás independencias dos distintos países da comunidade lusófona sempre que non caísen baixo a órbita doutros imperialismos (soviética, norteamericana, belga, surafricana,…)[3]
A principios do século XX, Portugal era a potencia colonial europea con presenza territorial máis antiga no exterior; nalgúns casos os seus territorios foran continuamente asentados e gobernados polos portugueses durante cinco séculos. O lusotropicalismo celebrou elementos tanto reais como mitolóxicos da democracia racial e da misión civilizadora no Imperio portugués, abarcando unha actitude de mestizaxe cara ás colonias ou territorios de ultramar. A ideoloxía é mellor exemplificada na obra de Freyre.
Críticas e resposta de Freyre
[editar | editar a fonte]O lusotropicalismo ten sido chamado de "espectro malévolo" que volve para perseguir a Portugal e indirectamente ao mundo lusófono, e que enmascara as desigualdades por cuestións de orixe no Portugal posimperial, tamén enmarcado en correntes máis amplas que tentan ignorar as operacións do racismo e a súa confluencia co capital e o patriarcado.[4]
A vida de Freyre, despois de publicar Casa-Grande e Senzala, converteuse nunha eterna fonte de explicación. Repetiu varias veces que non creou o mito dunha democracia racial e que o feito de que os seus libros recoñecesen a intensa mestura entre "razas" no Brasil non significaba falta de prexuízos ou discriminacións. Apuntou que moitas persoas afirmaron que os Estados Unidos foron unha "democracia exemplar" mentres que a escravitude e a segregación racial estiveron presentes na maior parte da historia dos Estados Unidos: [5]
"A interpretación dos que me queren situar entre os sociólogos ou antropólogos que dicían que nunca existiu o prexuízo de raza entre os portugueses ou os brasileiros é extrema. O que sempre suxerín é que tal prexuízo é mínimo... en comparación co que aínda existe noutros lugares, onde as leis aínda regulan as relacións entre os europeos e outros grupos". "Non é que os prexuízos raciais ou sociais relacionados coa complexión estean ausentes en Brasil. Existen. Pero a ninguén se lle ocorrería aquí Igrexas "só brancas". Ninguén en Brasil tería pensado en leis contra o matrimonio interracial... O espírito fraternal é máis forte entre os brasileiros que os prexuízos raciais, a cor, a clase ou a relixión. É certo que non se chegou á igualdade dende a fin da escravitude... Había prexuízos raciais entre os propietarios das plantacións, había distancia social entre os amos e os escravos, entre os brancos e os negros... Mais poucos brasileiros ricos estaban tan preocupados pola pureza racial como a maioría no Vello Sur"
A visión de Salazar
[editar | editar a fonte]Para apoiar as súas políticas coloniais, o ditador portugués António de Oliveira Salazar adoptou a noción de lusotropicalismo de Freyre ao afirmar que, dado que Portugal era unha nación multicultural, multirracial e pluricontinental desde o século XV, perder os seus territorios de ultramar en África e Asia desmembraría o país e acabaría coa independencia portuguesa. [8] En termos xeopolíticos, perder estes territorios diminuiría a autosuficiencia do Estado portugués.
Salazar resistiuse fortemente ás ideas de Freyre durante as décadas de 1930 e 1940, en parte porque Freyre afirmaba que os portugueses eran máis propensos que outras nacións europeas á mestizaxe. Adoptou o lusotropicalismo só despois de patrocinar a Freyre nunha visita a Portugal e algúns dos seus territorios de ultramar en 1951 e 1952. A obra de Freyre Aventura e Rotina foi o resultado desa viaxe.
De feito, a estrela deportiva máis destacada de Portugal, Eusébio, e o militar máis condecorado das Forzas Armadas Portuguesas, Marcelino da Mata, baixo o réxime do Estado Novo deseñado e dirixido por António de Oliveira Salazar, eran ambos cidadáns nados e criados nos territorios africanos de Portugal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A presença africana é a mais importante que temos" (Diário de Notícias) https://www.dn.pt/sociedade/a-presenca-africana-e-a-mais-importante-que-temos-5336490.html
- ↑ 2,0 2,1 Lusotropicalism. 14 de outubro de 2017. ISBN 9780807831991.
- ↑ "El lusotropicalismo de Gilberto Freyre como crítica barroca a la mixofobia de la modernidad burguesa". Práticas da história. Consultado o 8-2-2022.
- ↑ Medeiros, Paulo de (2018-01-01). "Exit Ghost: Reading Lusotropicalism as Fetish (with Adorno)". PORTUGUESE STUDIES REVIEW (en inglés).
- ↑ "Google". Consultado o 2022-02-09.
- ↑ "a-importancia-de-gilberto-freyre-para-a-construcao-da-nacao-brasileira-parte-ii". 11 de decembro de 2009.
- ↑ "Marcelino da Mata, biografia". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2009. Consultado o 2009-11-06.
- ↑ Miguel Vale de Almeida, Portugal’s Colonial Complex: From Colonial Lusotropicalism to Postcolonial Lusophony Arquivado 12 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lusotropicalismo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castelo, Cláudia, O Modo Português de estar no Mundo' O luso-tropicalismo e a ideologia colonial portuguesa (1933–1961) . Porto: Edições Afrontamento, 1999.
- Cahen, Michel, "'Portugal is in the Sky': Conceptual Considerations on Communities, Lusitanity and Lusophony", en E.Morier-Genoud & M.Cahen (eds), Imperial Migrations. Colonial Communities and Diaspora in the Portuguese World, Londres: Palgrave, 2012
- Nery da Fonseca, Edson. Em Torno de Gilberto Freyre . Recife: Editora Massangana, 2007. ISBN13: 9788570194619
- Nery da Fonseca, Edson. Gilberto Freyre de A a Z – Referências essenciais á súa vida e obra . Río de Janeiro: Zé Mario Editor, 2002.
- Vakil, Abdoolkarim, "'Mundo Pretuguês': Colonial and Postcolonial Diasporic Dis/articulations", en E.Morier-Genoud & M.Cahen (eds), Imperial Migrations. Colonial Communities and Diaspora in the Portuguese World, Londres: Palgrave, 2012. ISBN13: 9780230353695
- Villon, Víctor. O Mundo Português que Gilberto Freyre Criou – seguido de Diálogos com Edson Nery da Fonseca . Río de Xaneiro, Vermelho Marinho, 2010. ISBN: 9788562851728