Gilberto Freyre
Gilberto Freyre | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de marzo de 1900 |
Lugar de nacemento | Recife |
Falecemento | 18 de xullo de 1987 |
Lugar de falecemento | Recife |
Nacionalidade | Brasil |
Alma máter | Universidade de Columbia e Universidade Baylor |
Ocupación | sociólogo, antropólogo, escritor |
Coñecido por | Casa-Grande & Senzala |
Premios | Prêmio Jabuti, Knight Commander of the Order of the British Empire, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Grã-Cruz da Ordem Militar de Sant'Iago da Espada, grande oficial da Lexión de Honor, Prêmio Anisfield-Wolf, Grã-Cruz da Ordem Militar de Cristo, doutor honoris causa da Universidade Federal do Ceará, doutor honoris causa da Universidade de Coimbra, honorary doctor of the University of Lisbon e Prêmio Machado de Assis |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gilberto de Mello Freyre, nado en Recife o 15 de marzo de 1900 e finado na mesma cidade o 18 de xullo de 1987, foi un sociólogo, antropólogo e escritor brasileiro, autor de Casa-grande e senzala, influente ensaio sobre a formación da sociedade brasileira, e creador da tese do Lusotropicalismo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Gilberto Freyre era fillo dun xuíz e catedrático de Economía política da Facultade de Dereito de Recife, Alfredo Freyre.
Gilberto iniciou os seus estudos no Colexio Americano Gilreith; o seu mestre, Mr. Williams, ensinoulle a ler e escribir en inglés, o que foi decisivo para o seu futuro. O seu pai ensinoulle latín, e logo aprendeu grego. Realizou estudos superiores na Universidade de Columbia nos Estados Unidos onde coñeceu a Franz Boas, a súa principal referencia intelectual.
É un dos sociólogos máis importantes de América e influíu en numerosos terreos de estudos no Brasil. O seu primeiro e máis importante libro é Casa-Grande e Senzala, foi publicado en1933 e traducido ao castelán, inglés, francés e alemán. Está dividido en cinco capítulos: 1) características da colonización portuguesa; 2) o indíxena na formación da familia brasileira; 3) o colonizador portugués; 4 e 5) o escravo de orixe africana na vida sexual e a familia do brasileiro. As casas-grandes organizaron a vida brasileira colonial, e contrapúñanse ás senzalas, vivendas moi humildes dos escravos. Iso sérvelle como referencia simbólica para describir as relacións sociais no seu traballo interpretativo.
A súa Interpretación do Brasil, recolle ensaios sobre as raíces europeas da historia brasileira, a fronteira e as plantacións do Brasil, a unidade e diversidade rexional brasileira, as condicións étnicas e sociais, a política exterior, a situación étnica e xeográfica, a literatura moderna e os problemas sociais.
En 1946, Gilberto Freyre foi elixido pola União Democrática Nacional para a Assembleia Constituínte [1] e, en 1964, apoiou o movemento cívico-militar que derrocaría a João Goulart.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Os seus libros foron traducidos, ademais das linguas anteditas, a outras como o italiano ou xaponés. Admirador do lusófilo vasco Unamuno, ao que lembra en moitas ocasións; Freyre alén de socioloxía e antropoloxía, escribiu poesía e ensaio de diversos temas literarios, por exemplo escribiu páxinas sobre Cervantes. Gran lector, reuniu unha notábel e numerosa biblioteca.
Gañou numerosos premios, en distintos países, entre outros os da Academia Brasileira de Letras, o premio Anisfield-Wolf, a orde civil de Afonso X o Sabio, a portuguesa de Santiago da Espada ou a Lexión de Honra francesa.
Obra[editar | editar a fonte]
- Casa-Grande e Senzala, 1933.
- Sobrados e Mucambos, 1936.
- Nordeste, 1937.
- Assucar, 1939.
- Olinda, 1939.
- O mundo que o português criou, 1940.
- A história de um engenheiro francês no Brasil, 1941.
- Problemas brasileiros de antropologia, 1943.
- Sociología, 1945.
- Interpretação do Brasil, 1947.
- Ingleses no Brasil, 1948.
- Ordem e Progresso, 1957.
- O Recife sim, Recife não, 1960.
- Brasis, Brasil e Brasília, 1968.
- Como e Porque sou e nao sou Sociologo, Brasilia, 1968.
- O brasileiro entre os outros hispanos, 1975.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Gilberto Freyre: biografia e Casa-Grande & Senzala". Toda Matéria (en portugués). Consultado o 2022-02-08.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gilberto Freyre ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Gilberto Freyre |