Democracia racial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Redenção de Cam (1895), cadro de Modesto Brocos. Avoa negra, filla mulata, xenro e neto brancos: para o goberno da época, a cada xeración o brasileiro ficaria mais branco.[1]

Democracia racial é un concepto que nega a existencia do racismo no Brasil. Trátase como mito e ideoloxía pois pretende expresar a validez dunha suposta democracia plena que se estendería a persoas de todas as razas, a pesar das desigualdades e privilexios motivados polo racismo estrutural no país.[2][3]

O termo foi empregado por primeira vez por Gilberto Freyre en 1962[4] e está vinculado á súa tese do Lusotropicalismo, segundo a cal os portugueses foran mellores e máis amigábeis colonizadores que outras potencias europeas. Denota a crenza de que Brasil escapou da racialización das persoas e por tanto da discriminación racial vista noutros países, como os Estados Unidos. Os investigadores sinalan que a maioría dos brasileiros non se consideran racistas e, supostamente, non danan nin promoven ás persoas en función da raza. Grazas a isto, aínda que a mobilidade social dos brasileiros pode ser reducida por varios factores, como o xénero e a clase social, a discriminación racial sería considerada irrelevante. A democracia racial, porén, está desmitificada polos sociólogos e antropólogos que estudan os prexuízos e por diversos indicadores sociais e económicos que revelan desigualdades ligadas á etnia. Os prexuízos están arraigados na sociedade a grande escala. Por iso, a verdadeira democracia racial é un obxectivo que aínda está lonxe de acadarse e polo de agora é un mito que tenta crear unha imaxe positiva da sociedade, que non coincida cos feitos documentados.

O mito da Democracia racial no Brasil[editar | editar a fonte]

Carlos Hasembalg afirma que ao principio e final do Segundo Imperio iniciouse a proclamación da República brasileira que acreditaba a Brasil sen existencia de problemas de orde racial. Explicando o concepto de orixe da comparación efectiva da situación racial observada nos Estados Unidos naquela época. Hasenbalg, conclúe que hai semellanzas coas elites doutros países latinoamericanos e compara as súas realidades coas estadounidenses, e afirma que hai dous patróns raciais atopados nos Estados Unidos, no Brasil e en América Latina. Estes parecen posuír dous puntos centrais:

  • Primeiramente o concepto do branquecemento da pel, como un ideal da pel clara, entendido como un proxecto nacional implementado por medio de políticas selectivas de inmigración europea.
  • O segundo concepto provén das elites políticas e intelectuais con respecto aos seus propios países, supostamente caracterizados pola harmonía e tolerancia racial e ausencia de discriminación, dándose o ocultamento e negación do racismo

Thomas E. Skidmore entende que o branquecemento baséase na presunción de superioridade branca. Afirmando que o que se busca é que a poboación teña a pel máis clara debido aos supostos xenes de raza branca, que prevalecerían sobre as demais persoas. Afirmando así que o branqueamento produciría unha poboación mestiza, capaz de facerse sempre máis branca, tanto cultural como fIsicamente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Livro explica surgimento do Homo brasilis". Ciência Hoje, 15/10/2002
  2. Sanz, Beatriz & Rodrigues, Paula. [https://www.uol.com.br/ecoa/reportagens-especiais/democracia-racial-ideia-foi-adotada-no-brasil-pos-escravidao-e-ajuda-a-explicar-racismo-atual/" O mito do paraíso racial: a idea de democracia racial foi amplamente adoptada polo Brasil posterior á escravitude e axuda a explicar o racismo actual". Ecoa / UOL, 06/12/2020, serie reportaxes especiais
  3. D'Adesky, Jacques. "A ideoloxía da democracia racial no limiar antirracista universalista". En: Revista de Comunicação e Cultura Semiosphere, 2005 (5)
  4. Mendes, Escrito ou postado por: Iba. "Gilberto Freyre e o mito da democracia racial" (en portugués). Consultado o 2022-02-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]