Luís Villardefrancos Calé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luis Villardefrancos»)
Infotaula de personaLuís Villardefrancos Calé
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1880 Editar o valor em Wikidata (143 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMarisa Villardefrancos, Gloria Villardefrancos Editar o valor em Wikidata

Luís Villardefrancos Calé, nado na Coruña o 22 de setembro de 1880,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Gumersindo Villardefrancos Pardo de Andrade e Dolores Calé Sanjurjo. Foi oficial do Hospital de Santiago de Compostela e secretario do concello de Vedra (1911-1916). En setembro de 1919 foi nomeado xefe da estación de Franza, na liña de Ferrol,[2] un mes despois da de Pontedeume[3] e en 1925 pasou a ser xefe da estación de Ferrol.[4] Nos anos trinta marchou a Madrid como xefe de servizos do ferrocarril, sendo secretario do Lar Gallego en 1932, e onde residía en 1952.[5] Dirixiu a revista Galicia Moza, foi redactor de Gaceta de Galicia e colaborou nas súas "Páginas literarias", e tamén no suplemento Nós. Páxinas gallegas do Diario da Cruña El Noroeste, en El Eco de Santiago, Heraldo de Madrid, Galicia en Madrid e La Voz de Galicia e publicou algún poema en El Compostelano. Foi presidente do Club Ciclista de Santiago (1909).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Vedra coa mestra María de los Dolores Legrande Camino en 1914,[6] e foi pai de Marisa Villardefrancos Legrande. Era sobriño de Emilia Calé e curmán de Emilia Quintero Calé, a quen lle dedicou un poema, "Á miña curmán á notabre pianista Emilia Quintero Calé".[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marisa Villardefrancos, esa "muchacha ignorada"
  2. El Eco de Santiago, 13-9-1919, p. 2.
  3. El Eco de Santiago, 27-10-1919, p. 2.
  4. El Progreso, 7-11-1925, p. 3.
  5. La Noche, 4-3-1952, p. 4.
  6. El Progreso, 9-10-1914, p. 3.
  7. Pereira Martínez, Carlos (2 de febreiro de 2021). "A pianista coruñesa Emilia Gómez Quintero Calé: os anos de formación (1864-1884)". Symphonia; Revista do Conservatorio da Coruña. Consultado o 2023-09-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]