Marisa Villardefrancos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Marisa Villardefrancos
Nome completoMaría Luisa Villardefrancos Legrande
Nacemento15 de outubro de 1915
 Vedra
Falecemento20 de xuño de 1975
 Sant Vicent del Raspeig
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora, mestra e escritora de literatura infantil
PaiLuís Villardefrancos Calé
editar datos en Wikidata ]

María Luísa Villardefrancos Legrande, nada en Vedra o 12 de outubro de 1915 e finada Alacant o 20 de xuño de 1975, foi unha escritora galega en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Luís Villardefrancos Calé, empregado municipal e escritor en revistas, e de María de los Dolores Legrande, mestra. Desenvolveu a súa vida en Madrid. Colaborou en El Correo Gallego, na publicación Chicas, nas novelas da "Biblioteca de Chicas" e na radio (nas radionovelas que emitiu a Cadena SER). Foi unha escritora moi coñecida na década dos cincuenta, pero non gozou de recoñecemento nos ámbitos literarios. Destacou por sortear a censura e presentar, baixo unha aparencia de novela rosa, protagonistas femininas actuais, que exercían profesións liberais independentes en escenarios conflitivos como os do Ulster ou os da Segunda Guerra Mundial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]