Saltar ao contido

Luis Ferrer i Balsebre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Ferrer i Balsebre
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1957 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciado e Doutor en Medicina
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de Massachusetts Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsiquiatra, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSERGAS, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña

BNE: XX1161552 BUSC: 981013405917507712 Dialnet: 4462540

Luis Ferrer i Balsebre, nado o 8 de xaneiro de 1957 en Madrid, é un médico psiquiatra español, residente en Galicia.

É académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Luis Ferrer i Balsebre licenciouse e doutorouse en Medicina na Universidade Complutense de Madrid[2] coa tese Antropología médica de la Parroquia de Olelas, municipio de Entrimo, Orense, presentada en 1991.[3]

Acreditouse como Psicodramatista e Director de Grupo pola Escola oficial de Psiquiatría da Universidade Complutense de Madrid e o Instituto de Técnicas Grupais e Psicodrama de Madrid, como Psicoterapeuta de Familia e Docente Supervisor pola Federación Española de Asociaciones de Terapia Familiar, a Asociación Española de Psicoterapeutas e a Asociación Europea de Psicoterapia, e diplomado en Terapia Familiar Sistémica pola Universidade de Massachusetts.[2]

Actividades profesionais

[editar | editar a fonte]

Ferrer y Balsebre dirixiu os Servizos de Saúde Mental na Coruña (1997-2008) e en Santiago de Compostela (2008-2013).[4] Foi profesor asociado á cátedra de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela (1989-1999), e profesor asociado ao Departamento de Medicina da Universidade da Coruña (2000-2009). Foi Xefe do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario "Juan Canalejo-Marítimo de Oza", coordinador responsábel de Saúde Mental da Área Sanitaria da Coruña e Xefe do Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, así como coordinador responsábel de Saúde Mental da Área Sanitaria de Santiago de Compostela.[2]

Actividades como escritor

[editar | editar a fonte]

Luis Ferrer, ademais da súa actividade profesional como psiquiatra e psicanalista, é escritor, ensaísta e articulista. Colaborou como articulista desde 2003 até 2013 no diario La Opinión. A Coruña, ano en que pasou a colaborar en La Voz de Galicia, onde continúa neste labor na actualidade.[4]

  1. 1 2 Junta de Gobierno Arquivado 14 de outubro de 2022 en Wayback Machine. da RAMCG.
  2. 1 2 3 4 5 Luis Ferrer i Balsebre na web da RAMCG.
  3. "Antropología médica de la Parroquia de Olelas, municipio de Entrimo, Orense". Universidad Complutense de Madrid. Consultado o 08/03/2026.
  4. 1 2 Luis Ferrer i Balsebre en La Voz de Galicia.