Luigi Einaudi
Luigi Einaudi | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Luigi Einaudi |
Nacemento | 24 de marzo de 1874 |
Lugar de nacemento | Carrù |
Falecemento | 30 de outubro de 1961 |
Lugar de falecemento | Roma |
Soterrado | Dogliani |
Nacionalidade | Italia e Reino de Italia |
Relixión | catolicismo |
Alma máter | Universidade de Turín e Universidade Bocconi |
Ocupación | economista, político, xornalista, catedrático, avogado e banqueiro |
Cónxuxe | Ida Pellegrini |
Fillos | Giulio Einaudi e Mario Einaudi |
Premios | Cabaleiro da Gran Cruz con colar da Orde do Mérito da República Italiana, Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Fellow of the Econometric Society e Ordem da Espora de Ouro |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luigi Einaudi, nado en Carrú (Piemonte) o 24 de marzo de 1874[1] e finado en Roma o 30 de outubro de 1961[1], foi un político liberal italiano, o segundo presidente da República italiana, desde 1948 até 1955 e gobernador do Banco de Italia, desde 1945 até 1948.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito, impartiu clases de Economía e Finanzas nas universidades de Pisa, Turín e na Universidade Bocconi de Milán.
Foi nomeado senador vitalicio en 1919. Mostrouse contrario ao fascismo desde 1924 e en 1935 emitiu, no Senado, un voto contrario á aprobación da invasión de Etiopía. O 25 de xullo de 1943 foi designado reitor da universidade de Turín pero ese mesmo ano tivo que exiliarse en Suíza.
Finalizada a segunda guerra mundial, Einaudi foi nomeado gobernador do Banco de Italia, cargo que ocupou desde 1945 a 1948, e ocupou os cargos de vicepresidente do consello de ministros e de ministro de finanzas no cuarto goberno de Alcide De Gasperi (1947-1948).
Foi o primeiro Presidente da República italiana electo conforme ao procedemento establecido na Constitución que fora aprobada meses antes, Luigi Einaudi ocupou a presidencia desde 1948 até 1955.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "LUIGI EINAUDI - Biografia in breve" (en (en italiano)). Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2016. Consultado o 03 de febreiro de 2016.
Presidente de Italia | ||
---|---|---|
Segue a: Enrico De Nicola |
Luigi Einaudi | Precede a: Giovanni Gronchi |
Partito Liberale Italiano - PLI |