Luciano García Ventín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luciano García Ventín
 Quireza
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónebanista
editar datos en Wikidata ]

Luciano García Ventín, nado en Quireza (Cerdedo-Cotobade), foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ebanista. Emigrado no Brasil, retornou a finais dos anos vinte. Foi elixido concelleiro de Cerdedo nas eleccións de maio de 1931 polo Centro Republicano Radical Socialista e foi primeiro tenente-alcalde.[1] En febreiro de 1935 foi elixido primeiro vocal do Comité de Izquierda Republicana de Cerdedo presidido por Sabino Bugallo Valiñas.[2] Pasou despois a militar no PSOE. Foi alcalde do Concello de Cerdedo en 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Capturado e xulgado en Pontevedra por rebelión militar, estivo varios meses en prisión e sufriu extorsión. Foi detido en marzo de 1943, logo de que a garda civil atopou nun rexistro na súa casa unha pistola e libros de actas da sociedade La Alianza de Cerdedo.[3]


Predecesor:
Antonio Sueiro Cadavid
 Escudo de Cerdedo.svg
Alcalde de Cerdedo
 
1936
Sucesor:
?

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 12-6-1931, p. 9.
  2. El País, 20-2-1935, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 27-3-1943, p. 5.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]