Antonio Sueiro Cadavid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio Sueiro Cadavid
Nacemento1892
Lugar de nacementoLourido
Falecemento19 de agosto de 1972
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Antonio Sueiro Cadavid, nado en Lourido (Cerdedo-Cotobade) en 1892 e finado o 19 de agosto de 1972, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Presidiu a Sociedade de Agricultores e Obreiros de Lourido. Casou en Limeres e en 1918 fundou e presidiu a Sociedade de Recreo e Instrución de Limeres[1]. Na sede da Sociedade de Recreo e Instrución instalouse a escola pública de Limeres en 1925. En 1919 emigrou aos Estados Unidos e en xullo de 1923 colaborou na fundación da Unión Española de California. Retornou en 1929. Militou no Partido Republicano Radical Socialista. En xuño de 1931 foi elixido alcalde do Concello de Cerdedo[2] e permaneceu no cargo até decembro de 1932. Á fronte do Concello mandou construír a ponte de Arén (sobre o río do Castro), a ponte dos Portamuíños (sobre o río do Seixo) e a ponte sobre o río das Cervas, entre Lourido e Limeres. Volveu ser elixido alcalde nas eleccións municipais do 23 de abril de 1933. En outubro de 1933 abandonou o Partido Radical Socialista (PRRS) e integrouse no Partido Republicano Radical Socialista Independiente (PRRSI). Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi cesado e detido o 11 de outubro, acusado de publicar o día oito de outubro un bando declarando o estado de guerra no concello. Foi posto en liberdade o 14 de decembro de 1934[3]. Coa vitoria da Fronte Popular, foi reposto como alcalde en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi procesado na Estrada con Francisco Cerdeira Gil, acusados de falsidade, pero foron absoltos.[4]


Predecesor:
?
 Escudo de Cerdedo.svg
Alcalde de Cerdedo
 
1931-1932
Sucesor:
?
Predecesor:
?
 Escudo de Cerdedo.svg
Alcalde de Cerdedo
 
1933-1934
Sucesor:
?
Predecesor:
?
 Escudo de Cerdedo.svg
Alcalde de Cerdedo
 
1936
Sucesor:
Luciano García Ventín

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Bouzas Cortizo en 1924, e foi pai de Camilo Sueiro Bouzas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 15-2-1918, p. 3.
  2. El Pueblo Gallego, 12-6-1931, p. 9.
  3. El País, 15-12-1934, p. 2.
  4. El Progreso, 15-10-1936, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]