John Fante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Fante
John Fante.jpg
Datos persoais
Nacemento 8 de abril de 1909
Lugar Denver (Colorado)
Falecemento 8 de maio de 1983
Lugar Woodland Hills (California)
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua inglesa
Período {{{período}}}
Debut {{{debut}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros novela
Princ. obras {{{obras}}}
Influencias {{{influencias}}}
influíu {{{influíu }}}
Alma máter {{{alma_máter}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

John Fante, nado en Denver (Colorado) o 8 de abril de 1909 e finado en Woodland Hills (California) o 8 de maio de 1983, foi un escritor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

John Fante naceu nun ambiente relativamente pobre, nunha familia humilde. O seu pai, o albanel Nicola Fante, era italiano de nacemento, e a súa nai, Mary Capolungo, italo-americana. A súa educación tivo lugar en diversas escolas católicas de Boulder, (Colorado), e tamén brevemente na Universidade de Colorado. En 1929 abandonou os estudios e trasladouse a California para centrarse na súa carreira como escritor. Instalouse en Wilmington (Long Beach) e logo no distrito de Bunker Hill, nos Ánxeles, e posteriormente viviu en Hollywood, Echo Park e Malibu.

Despois de fracasar no seu intento de publicar numerosos relatos na revista The American Mercury, finalmente un deles, titulado "Altar Boy" ("Acólito"), foi aceptado polo editor Henry Louis Mencken, cunha única condición: que Fante mecanografase o manuscrito por si mesmo.

A súa primeira novela foi The Road to Los Angeles, que escribiu cara a 1933 e permaneceu inédita ata 1985. En 1938 publicou Wait until Spring, Bandini e en 1939 Ask the Dust, pertencentes as tres á tetraloxía de Arturo Bandini. A editorial ía promocionar Ask the Dust, pero tivo que destinar os cartos de promoción ao pago dun litixio logo de publicar sen licenza a obra Mein Kampf de Adolf Hitler, polo que non acadou a sona agardada.

En 1940 publicou a colección de relatos Dago Red, de carácter autobiográfico sobre a súa infancia e adolescencia en Colorado. Este libro foi publicado de novo en 1985 xunto con outros relatos, co título de The Wine of Youth. O último destes relatos é "Helen, Thy Beauty Is to Me", que ía ser o primeiro capítulo da novela inconclusa Litlle brown brothers, que estaba a escribir en 1941 e que trataba sobre a vida dos obreiros filipinos dos Ánxeles.

Fante comezou entón a traballar como guionista en Hollywood. En 1952 publicou Full of Life, que en 1956 foi levada ao cine con guión seu. Participou nos guións de Walk on the Wild Side (protagonizada por Jane Fonda no seu primeiro papel acreditado e baseada nunha novela de Nelson Algren) e The Reluctant Saint (1962), así como do telefilme Something for a Lonely Man (1968)[1]. O propio Fante recoñeceu que estes guións para o cine non eran máis que un modo de gañarse as lentellas, polo que carecen de interese literario.

Durante unha etapa adoitou ausentarse de casa durante algúns días, mais en 1959 diagnosticáronlle unha diabetes, polo que tivo que reducir o consumo de alcohol e comezar a levar unha vida máis tranquila. En 1977 amputáronlle uns dedos dos pés, e pouco máis tarde amputáronlle case toda a perna. Máis adiante quedou cego, tendo que ditarlle á súa muller Joyce a súa última novela, Dreams of Bunker Hill.

Na década de 1970 a súa obra recuperouse logo de que Charles Bukowski convencese ao seu editor, John Martin, para que reeditase a súa mellor novela, Ask the Dust, até entón descatalogada. Bukowski escribiu un prólogo para a reedición, e Robert Towne (guionista de Chinatown) adquiriu os dereitos para a adaptación cinematográfica da novela (se ben non se levou a cabo até 2006).

Obra[editar | editar a fonte]

Son constantes nas súas obras a pobreza, o catolicismo en relación á comunidade italo-americana e a incomunicación na familia ou na parella. Se ben se considera a Charles Bukowski como o máximo representante do "realismo sucio", este mesmo recoñeceu que en realidade se inspirara en John Fante, afirmando que este era o seu Deus. Nos últimos tempos, e grazas tamén a Bukowski, a obra de Fante foi reeditada e divulgada.

Ademais de novelas, Fante tamén escribiu relatos, novelas curtas e guións de cine. A etapa central da súa carreira como escritor está marcada polo que se coñece como a "Saga de Arturo Bandini", serie de catro novelas protagonizadas por un alter-ego, tamén italo-americano e tamén pobre, do propio Fante. A última delas, Dreams of Bunker Hill, tívolla que ditar á súa esposa Joyce, debido ás complicacións (incluída a cegueira) causada pola súa avanzada diabetes.

O fillo de John Fante, Dan Fante, tamén é escritor, e adoptou algúns dos trazos do seu pai, como o de incluír personaxes protagonistas semiautobiográficas nas novelas.

Crítica e recepción da obra de John Fante[editar | editar a fonte]

A maior parte das obras de Fante céntranse nas desventuras de personaxes perdedoras no medio dunha sociedade cruel. Os seus protagonistas acostuman ter moito que ver co autor: italo-americanos, católicos, pobres, perdidos na realidade menos glamurosa dos Ánxeles despois da Gran Depresión, acostuma tratarse de personaxes solitarias con problemas para comunicarse cos que os rodean (familia, amigos, parella), e con soños que case nunca chegan a materializarse. O seu estilo claro, cortante, con trazos de humor e de violencia, fai que as súas obras sexan fáciles de ler e de apreciar.

As súas novelas, que na súa época pasaron bastante desapercibidas, foron recuperadas bastantes anos máis tarde, cando Charles Bukowski invocou o nome de Fante como unha das súas influencias principais. Isto fixo que Pregúntalle ó po, probablemente a novela máis coñecida de Fante, se convertera nun grande éxito de vendas case cincuenta anos despois da súa publicación. Actualmente, Ask the Dust (xunto coas demais novelas da tetraloxía de Bandini) está considerada como unha das mellores descricións da vida nos Ánxeles da década de 1930.

Referencias cinematográficas[editar | editar a fonte]

En 1956 fíxose a adaptación de Full of Life, dirixida por Richard Quine e con Richard Conte como Nick Rocco (John Fante) e Judy Holliday como Emily Rocco (Joyce). En 1989 Dominique Deruddere dirixiu Wait Until Spring, Bandini, con actores como Joe Mantegna, Ornella Muti, Faye Dunaway ou Michael Bacall. En marzal de 2006, Paramount Pictures lanzou Pregúntalle ao vento, dirixida por Robert Towne e protagonizada por Colin Farrell, Salma Hayek, e Donald Sutherland.

En 2001 Jan Louter dirixiu un documental sobre a súa vida, chamado A Sad Flower in the Sand, estreado en decembro de 2006 na serie Independent Lens de PBS.

O 18 de xaneiro de 2001 estreouse no Denver Center for the Performing Arts a obra de teatro 1933 de Randal Myler e Brockman Seawell, baseada na novela 1933 Was a Bad Year.

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas da saga de Arturo Bandini[editar | editar a fonte]

Outras novelas[editar | editar a fonte]

Coleccións de relatos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Official John Fante website". Consultado o 2011-06-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cooper, S. (2000): Full of Life: A Biography of John Fante. Angel City Press. ISBN 9781883318581
  • Cooper, S. (2003): The John Fante Reader. HarperCollins. ISBN 9780060959487
  • Margaretto, Eduardo (2014): John Fante, vidas y obra. Como un soneto sin estrambote. Editorial Alrevés. ISBN 9788415900559

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]