Luís XVIII de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís XVIII de Francia
Louis XVIII of France.png
Nacemento 17 de novembro de 1755
  Versalles
Falecemento 16 de setembro de 1824
  París
Soterrado Basílica de Saint-Denis
Nacionalidade Francia e España
Relixión Igrexa católica
Ocupación político
Cónxuxe Maria Josefina de Savoia
Premios cavaleiro da Ordem do Espírito Santo, cavaleiro da Ordem de São Miguel, Knight of the Order of the Golden Fleece, Ordem da Águia Negra, Order of Saint Anna, 1st class, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Ordem de Santo André e Grand Master of the Legion of Honour
editar datos en Wikidata ]
Luís XVIII de Francia

Luís XVIII foi un rei de Francia (Versalles, 17 de novembro de 1755París, 16 de setembro de 1824), rei titular dende 1795 e de feito entre 1814 e 1824, a excepción do breve período do Imperio dos Cen Días. Coñecido polo seu título de conde de Provenza, era irmán de Luís XVI. Durante o reinado deste adoptou unha postura avanzada, próxima ao pensamento da Ilustración, e ata aceptou a Revolución de 1789.

Máis tarde, con todo, a evolución da Francia revolucionaria decidiulle a fuxir do país en 1791 (o mesmo día que o rei era detido en Varennes cando intentaba escapar por outro camiño); reuniuse co seu outro irmán (o futuro Carlos X) e empezou a encabezar as intrigas dos emigrados contra o réxime revolucionario, dirixindo unha rede de espías e mantendo contacto cos insurxentes contrarrevolucionarios do interior.

Trala execución de Luís XVI en 1793, proclamouse rexente no exilio, e logo rei pola morte do delfín Luís XVII (1795). Con todo, a causa da restauración dos Borbóns pasou por horas baixas durante o período de Napoleón, que premeu aos restantes Estados europeos para entorpecer as actividades do pretendente.

Logo de peregrinar por varios países, as derrotas de Napoleón en 1813-14 abríronlle novas perspectivas: co apoio de Gran Bretaña e de Talleyrand abriuse paso a idea de poñer a Luís no Trono cando se consumase a vitoria aliada sobre Francia. Desembarcou en Calais e prometeu aos franceses establecer unha monarquía constitucional, que plasmou na Carta outorgada de 1814, onde a autoridade do rei quedaba limitada por un Parlamento bicameral e pola garantía dos dereitos individuais dos súbditos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Artigos relacionados[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.